Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.614

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 304/2003, do 17 de xullo, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Consellería de Sanidade, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Sanidade, a Hispanoamérica é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do conselleiro de Sanidade, con motivo da súa viaxe a Hispanoamérica, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Sanidade, desde o día 19 de xullo ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Santiago de Compostela, dezasete de xullo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente