Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.573

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SALAMANCA

EDICTO (192/2003).

Eu, Manuel J. Marín Madrazo, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous de Salamanca, fago saber que nos autos que baixo o número 192/2003 se tramitan neste xulgado por instancia de Caridad Sánchez García, contra a empresa Inversiones y Seguridad 2001, S.L. e Fogasa, se dictou sentencia cun encabezamento e decisión como segue:

Na cidade de Salamanca, vintenove de maio de dous mil tres. Juan José Casas Nombela, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade e da súa provincia, vistos estes autos de xuízo verbal seguidos entre partes e, como demandante Caridad Sánchez García, representada polo letrado Felipe Rodríguez Cascón e, como demandada, a empresa Inversiones y Seguridad 2001, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma, e sendo parte o Fondo de Garantía Salarial, representado polo letrado Agustín Blanco Ledesma, dictou a seguinte resolución:

Con estimación da demanda deducida por Caridad Sánchez García fronte á empresa Inversiones y Segu

ridad 2001, S.L., condeno a citada empregadora a lle aboar á traballadora a suma de 1.912,22 euros, cantidade que se incrementará co 10% de xuro anual.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León, con sede en Valladolid, que deberá ser presentado ante este xulgado dentro dos cinco días hábiles seguintes á súa notificación, por comparecencia ou por escrito.

Así o pronuncio e asino.

Contra ela as partes poden interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León, con sede en Valladolid, que deberá ser presentado ante este xulgado dentro dos cinco días hábiles seguintes á súa notificación, por comparecencia ou por escrito.

Para podelo facer, a empresa demandada deberá acreditar, ó anuncialo, ter depositado o importe da condena e salarios de tramitación no banco Banesto, conta número 3704/0000/65/193/03, presentando o xustificante neste xulgado no momento do anuncio e durante a tramitación do recurso seguirlle satisfacendo á demandante os seus emolumentos ordinarios.

Así mesmo, ó interpoñelo, deberá depositar no referido banco e conta a cantidade de 150,25 euros, presentando o xustificante neste xulgado no momento da súa interposición. Poderá substituí-lo primeiro dos depósitos mencionados por aval bancario no que conste a responsabilidade solidaria do avalista; os depósitos deberanse efectuar de forma separada e acreditarse por medio de xustificantes diferentes.

E para que conste e lle sirva de notificación en legal forma a Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. En Salamanca, dez de xuño de dos mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado