Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.573

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (416/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña,

Dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 416/2003, por instancia de Mª Carmen Martínez Lorenzo, contra a empresa Cervecería La Rubia, S.C., sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, o 16 de xuño de 2003, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 416/2003, seguidos por instancia de Mª Carmen Martínez Lorenzo, maior de idade, asistida polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a empresa Cervecería La Rubia, S.C., que non compareceu en autos, sendo o obxecto da reclamación despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

«Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Mª Carmen Martínez Lorenzo e debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Cervecería La Rubia, S.C., e extinguida a relación laboral na data desta resolución, condenando a empresa a que aboe á demandante a cantidade de 110,89 euros en concepto de indemnización, máis 2.069,90 euros por salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo comprobante de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, da que se descoñece o domicilio, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 16 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado