Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.572

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (570/2002).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 570/2002 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Condeno o denunciado Carlos Castro Oliveira, autor dunha falta de ameazas, á pena de multa de quince días cunha cota diaria de seis euros, o que fai un total de noventa euros. Esta cantidade deberá ser aboada no prazo de dez días desde a firmeza

desta resolución, prevíndoo de que, caso de non a satisfacer e logo de exacción dos seus bens, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que se poderá cumprir en réxime de arresto de fin de semana, todo con expresa condena en custas do denunciado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que non é firme e de que contra ela poderán interpor no prazo de cinco días recurso de apelación perante este xulgado, que será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Carlos Castro Oliveira, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o dezanove de xuño de dous mil tres.

O secretario

Rubricado