Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.572

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (386/2002-AJ).

Carmen Calvo Alonso, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña.

Nos autos de xuízo verbal de desafuizamento número 386/2002-AJ, sobre falta de pagamento de rendas, coas partes que se mencionarán, dictouse a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia. A Coruña, dezasete de outubro de dous mil dous. Vistos polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, Pablo González-Carreró Fojón, os presentes autos de xuízo verbal civil de desafiuzamento nº 386/2002-AJ promovidos como parte demandante por Mª Jesús Montero Lago, representada pola procuradora Covadonga Valencia Vallina, contra Mª de los Ángeles Sánchez Curros, veciña de Cambre, A Coruña, con domicilio na praza de Europa, edificio Atrium, P-8, 1º dta. DNI: 32773290, declarada en rebeldía procesual, en primeira sentencia, díctase a seguinte: (seguen antecedentes de feitos e fundamentos de dereito).

Decido que estimando integramente a demanda deducida pola procuradora Covadonga Valencia Vallina en nome e representación de María Jesús Montero Lago contra María de los Ángeles Sánchez Curros, declaro resolto por falta de pagamento da

renda o contrato de arrendamento que ligaba as partes sobre o piso 1º dereita do edifico Atrium, P-8 da praza de Europa de Cambre; condeno a demandada a que no prazo legal desaloxe e deixe libre a expresada vivenda e os seus anexos baixo apercibimento de lanzamento se así non o fixer. Condeno, así mesmo, a demandada a que lle aboe á demandante 1.058,37 euros en concepto de rendas e gastos de comunidade correspondentes ás mensualidades de maio, xuño e xullo de 2002, 6,49 euros en concepto de xuros moratorios pactados e vencidos ata a data da presentación da demanda e os xuros devengados e que se devenguen desde a data da presentación da demanda e ata a do completo pagamento ou consignación para pagamento do principal sobre o importe deste ó tipo establecido no contrato (o xuro legal o diñeiro incrementado en tres puntos). Impoño á demandada as custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso para ante a Audiencia Provincial da Coruña que deberá prepararse perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e ss. da Lei de axuizamento civil 1/2000 do 7 de xaneiro. Non se admitirá ningún recurso á parte demandada se ó preparalo non manifesta acreditándoo por escrito, ter satisfeitas rendas vencidas e as que de acordo co contrato deba pagar adiantadas.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo. Seguen sinaturas e rúbricas».

E para que así conte e sirva de notificación á demandada Mª de los Ángeles Sánchez Curros e para a súa inserción no DOG expido, selo e asino este edicto na Coruña, vinteoito de maio de dous mil tres.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO