Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.571

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SETE DA CORUÑA

EDICTO (740/2002-LJ).

Teresa Sampedro Blanco, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número sete da Coruña, dá fe e testemuño de que nos autos de arrendamento 740/2002-LJ, seguidos neste xulgado, se dictou a sentencia que no encabezamento e decisión din así:

Na Coruña o once de abril de dous mil tres. María Escribano Silva, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número sete e do seu partido, despois de ve-los presentes autos de xuízo de desafiuzamento promovidos por Evaristo Martínez Guerra, representado pola procuradora María Cabado Pou, asistida do letrado Sr. Seoane Duarte, contra Lorena Esmorís Torres e Norberto Rey Castro, declarados en rebeldía. Decido que estimando a demanda interposta por Evaristo Martínez Guerra, representado pola procuradora Sra. Cabado Pou, contra Lorena Esmorís Torres e Norberto Rey Castro, ámbolos dous en rebeldía en autos. Debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que sobre a viven

da sita na r/ Alcalde Antonio Lens, nº 29-2º dta. desta cidade existía entre o demandante e os demandados por falta de pagamento das rendas pactadas e consecuentemente que debo declarar e declaro que procede o desafiuzamento dos demandados da expresada vivenda, condenándoos a facer entrega desta no prazo legal establecido, se non o fixeren procederase ó seu lanzamento. Con imposición de custas ós demandados. Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra ela poden preparar recurso de apelación dentro do prazo de cinco días contados desde o día seguinte ó da notificación. Ós demandados non se lles admitirá o recurso de apelación, se ó preparalo non manifestan acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que de acordo co contrato deban pagar adiantadas.

Co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia para que sirva de notificación á demandada rebelde Lorena Esmorís Torres, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto na Coruña o vintenove de maio de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado