Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.574

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SALAMANCA

EDICTO (193/2003).

Eu, Manuel J. Marín Madrazo, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous de Salamanca, fago saber que no procedemento de demanda 193/2003 deste xulgado do social, seguido por instancia de Caridad Sánchez García, contra a empresa Inversiones y Seguridad 2001, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se dictou a seguinte sentencia:

Na cidade de Salamanca, 29 de maio de 2003. Juan José Casas Nombela, maxistrado-xuíz do Xul

gado do Social número dous desta cidade e da súa provincia, vistos estes autos de xuízo verbal seguidos entre partes e, como demandante Caridad Sánchez García, representada polo letrado Felipe Rodríguez Cascón e, como demandada, a empresa Inversiones y Seguridad 2001, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma, e sendo parte o Fondo de Garantía Salarial, representado polo letrado Agustín Blanco Ledesma, dictou a seguinte resolución:

Con estimación da demanda deducida por Caridad Sánchez García, fronte á empresa Inversiones y Seguridad 2001, S.L., declaro a improcedencia do despedimento e, ante a imposibilidade de que teña lugar a readmisión, declaro a extinción da relación laboral que ligaba as partes desde a data desta sentencia. En consecuencia, condeno a Inversiones y Seguridad 2001, S.L. a aterse ás anteriores declaracións e a lle aboar á Sra. Sánchez García as seguintes cantidades: 775,09 euros en concepto de indemnización e 469,75 euros, en concepto de salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León, con sede en Valladolid, que deberá ser presentado ante este xulgado dentro dos cinco días hábiles seguintes á súa notificación, por comparecencia ou por escrito.

Así o pronuncio e asino».

Se a recorrente fose a empresa demandada, deberá consigna-lo importe da condena e salarios de tramitación no banco Banesto desta capital, conta número 3704/0000/65/193/03, presentando o xustificante neste xulgado no momento do anuncio e durante a tramitación do recurso, seguirlle satisfacendo á demandante os seus emolumentos ordinarios. E depositar a cantidade de 150,25 euros na referida conta presentando o xustificante neste xulgado no momento da súa interposición. Poderá substituí-lo primeiro dos depósitos mencionados por aval bancario no que conste a responsabilidade solidaria do avalista; os depósitos deberanse efectuar de forma separada e acreditarse por medio de xustificantes diferentes.

E para que conste e lle sirva de notificación en legal forma a Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. En Salamanca o dez de xuño de dous mil tres.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se lle farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia, ou se trate de emprazamento.

O secretario xudicial

Rubricado