Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.483

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da táboa salarial e axuda por locomoción do convenio colectivo do sector de venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería.

Vista a acta da táboa salarial e axuda por locomoción do convenio colectivo do sector de venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería, con nº de código 3601445, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-6-2003, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 3-6-2003. De conformidade co disposto nos artigos 9 e 17 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de xuño de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo de traballo para o sector venda por xunto de tecidos,

mercería e paquetería (Pontevedra)

Asistentes:

-Representación social:

Por CC.OO.: Jorge Carneiro Penedo.

Por UGT: Roberto Puga Hermida.

Representación empresarial: José Benito Pérez Vázquez, Manuel Sánchez Mazas.

Secretario: José A. Porcel Villar.

ACTA

En Vigo, ás dezanove horas do día 3 de xuño de dous mil tres, na sede da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, previamente convocados, reúnense os compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial do sector de venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería de Pontevedra antes citados, con fin de proceder

á elaboración da táboa salarial que rexerá no segundo ano de vixencia do convenio (1-5-2003 ó 30-4-2004) e fixa-lo complemento de transporte para ese mesmo período.

Constatado o feito de que o índice de prezos sobre o consumo do período 1-5-2001 ó 30-4-2003, se situou no 3,1%, en virtude do establecido no artigo 9, salarios, e 17, axuda por locomoción, para o segundo ano de vixencia do convenio incrementarase a táboa salarial e o complemento de transporte vixentes ó 30-4-2003, no dito IPC máis un cuarto de punto, isto é, no 3,35%.

Unha vez confeccionada e comprobada a táboa salarial e o citado complemento, os membros da comisión paritaria proceden á súa sinatura en proba de conformidade, acordando a súa remisión á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para os efectos de que se proceda á súa inscrición no libro-rexistro de convenios colectivos de traballo e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

E sendo este o único asunto que se vai tratar, levántase a sesión sendo as dezanove trinta horas do día citado ó inicio, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.

Convenio colectivo de traballo para o sector do comercio por xunto de mercería e paquetería da provincia de Pontevedra.

Vixencia do 1 de maio de 2003 ó 30 de abril de 2004.

CategoríasEuros/mesCuadrienio

Director897,4953,85
Xefes de: división, persoal, compras, vendas e encargado xeral897,4953,85
Xefe de sucursal, de almacén e de grupo808,3748,50
Xefe de sección e encargado de establecemento785,7147,14
Dependente728,7543,73
Viaxante728,7543,73
Axudante582,7634,97
Traballadores en formación por 34 horas semanais de traballo efectivo (R.D. 488/1998)508,7730,53
Xefe administrativo852,9951,18
Contable767,4946,05
Xefe administrativo (sección)767,4946,05
Oficial administrativo741,3444,48
Auxiliar administrativo de máis de 5 anos de antigüidade689,9541,40
Auxiliar administrativo de menos de 5 anos de antigüidade650,0839,01
Auxiliar de caixa546,2832,78
Profesional de oficio de 1ª650,0839,01
Profesional de oficio de 2ª629,4937,77
Mozo e mozo especializado (1)629,4937,77
Cobrador559,9933,60

Persoal de limpeza:
Xornada ata 2 horas ó día5,260,32
Xornada de 3 e 4 horas ó día4,000,24
Xornada completa534,0432,04

(1) O mozo especializado con carné de conducir que habitualmente realice reparto de mercadoría percibirá a retribución correspondente ó de oficio de 1ª.

Artigo 17º.-Axuda por locomoción.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán para a locomoción unha axuda por mes efectivo de traballo que para o segundo ano de vixencia (período comprendido entre o 1-5-2003 e o 30-4-2004), consistirá en 93,99 euros.

En todo caso, a cantidade que se vai percibir por este concepto para o segundo ano de vixencia do

convenio, non poderá supera-lo 20% do SMI, fixado para cada ano polo Goberno, debendo cotizar pola diferencia segundo o previsto no Real decreto 2064/1995.

Vigo, 3 de xuño de 2003.