Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.484

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de xullo de 2003 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir un posto de asesor técnico na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por Orde do 24 de xaneiro de 2003 (DOG do 10 de febreiro) convocábase concurso de méritos para cubrir unha praza de asesor especialista de medios informáticos e de comunicación na Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa. Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos para reclamacións, de acordo coa proposta efectuada pola comisión de selección prevista no artigo 6 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Declarar deserta a dita praza.

Segundo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria