Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.484

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE COORDINACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se citan no anexo adxun

to, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado, do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado, do 11 de xullo), e artigo 17 c) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27 de abril).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas recollidas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que serán elixidos por este procedemento para o día 24 de setembro de 2003, ás dez horas, realizándose estes polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde na que figuran recollidos no citado anexo.

Estes sorteos celebraranse no Consello de Coordinación Universitaria (cidade universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data desta resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Coordinación Universitaria.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponde a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 19 de setembro de 2003, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria (cidade universitaria, sen número, 28040, Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda, aplicarase o previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Madrid, 13 de xuño de 2003.

José T. Raga

Secretario xeral do Consello de Coordinación

Universitaria

ANEXO

Universidade da Coruña

-Concursos convocados por Resolución da universidade do 13-11-2001; BOE do 27 de novembro.

Concurso nº: 01/076.

Nº sorteo: 52.012.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: urbanística e ordenación do territorio.

Presidente titular: José Juan González-Cebrián Tello.

Vocal secretario titular: José Luis Gómez Ordóñez.

Concurso nº: 01/150.

Nº sorteo: 52.013.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: xenética.

Presidente titular: Josefina Méndez Felpeto.

Vocal secretario titular: Marcelino Pérez de la Vega.

Universidade de Vigo

-Concursos convocados por Resolución da universidade do 5-11-2001; BOE do 26 de novembro.

Concurso nº: 01/73.

Nº sorteo: 52.122.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química inorgánica.

Presidente titular: Antonio Sousa Alonso.

Vocal secretario titular: María del Pilar Rodríguez Seoane.