Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.485

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 13 de xuño de 2003 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado, convocadas por Resolución do 20 de novembro de 2001.

Detectado erro na publicación da Resolución do 13 de xuño de 2003 (DOG nº 152, do 26 de xuño) da Universidade de Vigo, pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado, na praza con número de referencia 182/2001 do corpo de profesores titulares de escola universitaria.

Onde di: «Vocal secretario suplente: Gustavo Rodríguez Fuentes, profesor titular de Escola Universitaria de Oviedo», debe dicir: «Vocal secretario suplente: Gustavo Rodríguez Fuentes, profesor titular de Escola Universitaria de Vigo».