Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.478

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o depósito, o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio téxtil da provincia de Lugo (código 2700205), asinado o día 9 de abril de 2003 pola representación da Asociación Empresarial Textil de la provincia de Lugo, e das centrais sindicais CC.OO. (55,6%), UGT (44,4%), CIG (0%), e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do dito convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de maio de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial do comercio téxtil

de Lugo

I. Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo afecta e vincula a tódalas empresas e traballadores da provincia de Lugo que se atopen encadradas no sector do comercio téxtil,

a través da agrupación provincial da dita actividade, comprendidos no ámbito funcional e de aplicación do texto do acordo para a substitución da ordenanza do comercio publicado no Boletín Oficial del Estado do 9 de abril de 1996.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

As disposicións deste convenio comprenderán todo o territorio de Lugo e á súa provincia.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio tódalas empresas e traballadores comprendidos no ámbito funcional do texto do acordo para a substitución da ordenanza do comercio e disposicións ulteriores que a desenvolvan, que se dediquen á actividade de comercio téxtil, quedando excluído o persoal especificado no Estatuto dos traballadores cun contrato que non é constitutivo dunha relación laboral de traballo.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio colectivo de traballo será desde o 1 de abril de 2002 ó 31 de marzo de 2004, independentemente da súa publicación no BOP.

II. Denuncia, comisión paritaria, condicións

máis beneficiosas, normas de subsidiaria

aplicación e publicidade

Artigo 5º.-Denuncia e rescisión.

Cunha antelación mínima de 30 días á data de remate do convenio deberá ser este denunciado por calquera das partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará en todo caso a súa prórroga por un ano, en iguais termos salvo no referente á táboa salarial.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo cumprimento e exercer funcións de arbitraxe nos problemas ou cuestións suscitados como consecuencia da aplicación del, constitúese unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio, que estará formada por 7 representantes da asociación de empresarios asinante, 4 de CC.OO., 2 de UGT e 1 de CIG, igualmente asinantes. No caso de que non se chegase a un acordo na dita comisión, ámbalas dúas partes se someten á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas, dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí pactadas, manténdose as ad personam en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artigo 8º.-Normas de subsidiaria aplicación.

En todo o non previsto neste convenio rexerá subsidiariamente o texto do acordo para a substitución da ordenanza laboral de comercio publicado no Bole

tín Oficial del Estado do 9 de abril de 1996, e disposicións posteriores que o desenvolvan e complementen, e as normas laborais de xeral aplicación.

Artigo 9º.-Publicidade.

As empresas expoñerán nos seus centros de traballo un exemplar deste convenio para consulta e coñecemento dos traballadores afectados por el.

III. Retribucións

Artigo 10º.-Salario base.

Comprende, para o período que vai desde o 1 de abril de 2002 ata o 31 de marzo de 2003, as retribucións que figuran no anexo II deste convenio, resultado de lle aplicar á táboa salarial do convenio anterior revisada, recollida no anexo I, un incremento do 4%.

Para o período que vai desde o 1 de abril de 2003 ata o 31 de marzo do ano 2004, comprende as retribucións que figuran no anexo III deste convenio, resultado de lle aplicar á táboa salarial do período anterior un incremento do IPC previsto polo Goberno para o ano 2003, isto é, un 2%.

Para o segundo período de vixencia, isto é, para o período que vai desde o 1 de abril de 2003 ata o 31 de marzo do ano 2004 establécese unha cláusula de revisión salarial de forma que, no suposto de que o IPC real estatal o 31 de decembro de 2003 sexa igual ou inferior ó 2%, se garanta un punto por encima de tal IPC real, mentres que, no suposto de que o IPC real estatal o 31 de decembro de 2003 sexa superior ó 2%, se garanta 0,5 puntos por encima de tal IPC real.

En ámbolos dous casos farase unha revisión das táboas salariais do ano 2003, no importe resultante da cláusula de revisión, con efectos retroactivos do 1 de abril de 2003.

Artigo 11º.-Gratificacións regulamentarias.

A contía das gratificacións do 25 de xullo e de Nadal serán dunha mensualidade, cada unha, dos salarios deste convenio, comprendido o salario base das táboas anexas e a antigüidade.

Artigo 12º.-Paga de beneficios.

Será aboada polas empresas, en concepto de beneficios, unha paga da mensualidade dos salarios base das táboas salariais deste convenio, incrementada coa antigüidade e, en todo caso, terá que liquidarse, a de cada ano, dentro do primeiro trimestre do ano seguinte.

Artigo 13º.-Sobresoldo de desgaste de vestiario.

Coa finalidade de repoñe-la deterioración que poida experimenta-lo traballador nas súas pezas de roupa polo exercicio das súas funcións, establécese un sobresoldo de desgaste de vestiario mensual -que é, para cada ano, o que figura nos anexos táboa salarios, 2.0 columna- para tódalas categorías profesionais, con excepción dos traballadores menores de 18 anos, que percibirán a metade da contía ante

riormente citada. Así mesmo, este sobresoldo permanecerá inalterable polas posibles subas que experimente o salario base, tendo o carácter de non absorbible.

Artigo 14º

O sobresoldo de desgaste de vestiario devengarase nas doce mensualidades por cada anualidade, sen incluílo nas pagas extraordinarias e de beneficios.

Artigo 15º.-Antigüidade.

A antigüidade consistirá no devengo de cuadrienios do 6% cada un, aplicable sobre os salarios base das táboas anexas deste convenio.

Artigo 16º.-Axudas de custo.

Todo traballador con dereito a axuda de custo percibirá, a partir da data da publicación deste convenio no BOP, 22,32 euros por axuda de custo completa e 8,28 euros por media axuda de custo, ou ben gastos que haberá que xustificar á elección da empresa.

Artigo 17º.-Quilometraxe.

O traballador que por necesidade do servicio teña que desprazarse fóra do lugar onde radique o seu centro de traballo empregando o seu vehículo particular, percibirá por este concepto a cantidade de 0,14 euros/quilómetro.

Artigo 18º.-Liquidación por cesamento.

1. Cando o traballador cause baixa na empresa, aboaráselle o importe da liquidación de salarios que legalmente lle corresponda, incluído o importe das gratificacións extraordinarias e o de vacacións en proporción ó tempo traballado desde que se devengou a correspondente gratificación ou se desfrutaron as oportunas vacacións.

2. a) As empresas aboaranlle, para premia-la constancia no traballo, ó traballador que tendo quince anos de antigüidade na empresa o 1 de xaneiro de 2001 e que cause baixa nela, as seguintes cantidades en concepto de premio de constancia: o importe de dúas mensualidades completas das súas retribucións vixentes á data da baixa polo mínimo de quince anos de servicio na empresa, incrementadas en dúas mensualidades máis por cada dez anos de servicios que excedan dos quince primeiros.

Exclúese o cobramento das cantidades anteriores nos seguintes supostos: extinción por falecemento do traballador ou empresario, por invalidez ou xubilación do empresario, despedimentos procedentes e aquelas extincións nas que o traballador teña dereito ó cobramento de indemnizacións previstas no Estatuto dos traballadores.

b) As empresas aboaranlle ós traballadores que, non tendo quince anos de antigüidade na empresa o 1 de xaneiro de 2001, causen baixa na empresa con alomenos dez anos de antigüidade nela e nas idades que a continuación se relacionan, as seguintes cantidades en concepto de premio de constancia: se causan baixa ós 64 anos, 1.412,38 euros; se causan baixa ós 63 anos, 2.013,39 euros; se causan

baixa ós 62 anos, 2.614,40 euros; se causan baixa ós 61 anos, 3.215,41 euros, e se causan baixa ós 60 anos 3.816,43 euros.

Exclúese o cobramento das cantidades anteriores nos seguintes supostos: extinción por falecemento do traballador ou empresario, por invalidez ou xubilación do empresario, despedimentos procedentes e aquelas extincións nas que o traballador teña dereito ó cobramento de indemnizacións previstas no Estatuto dos traballadores.

Artigo 19º.-Retribucións dos traballadores para a formación.

O salario base para os traballadores contratados baixo a modalidade contractual de contrato para a formación será o 100% do salario mínimo interprofesional durante os dous anos de vixencia do contrato.

IV. Tempo de traballo

Artigo 20º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo máxima legal para o persoal comprendido neste convenio colectivo será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

A regulación legal en materia de apertura de establecementos comerciais e liberdade horaria non suporá modificación da xornada máxima de traballo prevista no convenio, debéndose respectar, en todo caso, os descansos mínimos previstos na normativa laboral.

Artigo 21º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio gozará dun período anual de vacacións de 30 días, preferentemente entre os meses de xuño e setembro.

Se antes do desfrute do período de vacacións o traballador cae en situación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou con hospitalización, sinalarase un novo período de vacacións entre a empresa e o traballador.

Artigo 22º.-Licencias retribuídas.

O traballador poderá ausentarse do traballo, logo de aviso e xustificación, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) No caso de falecemento de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

b) No caso de accidente ou enfermidade grave, debidamente acreditada, de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

c) No caso de hospitalización de parentes de primeiro e segundo grao: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

d) No caso de matrimonio do traballador: quince días naturais.

e) No caso de nacemento de fillo: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

f) No caso de traslado de domicilio habitual: un día.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, incluído o exercicio do sufraxio activo.

h) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación do parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

i) Os traballadores por lactación dun fillo menor de nove meses teñen dereito a unha hora de ausencia do traballo que poden dividir en dúas fraccións, ou a unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade.

j) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

En todo caso, o traballador terá dereito a aquelas outras licencias que resulten de aplicación en función do disposto na normativa laboral vixente.

V. Prestacións sociais

Artigo 23º.-Póliza de seguros.

As empresas subscribirán, a favor dos seus traballadores, unha póliza de seguros por importe de 12.025 euros que cubra, en caso de accidente de traballo, os riscos de morte e invalidez permanente nos graos de total, absoluta e grande invalidez.

Artigo 24º.-Xubilación anticipada.

As empresas e os traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituí-los traballadores simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

As empresas e os traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións parciais ós 62 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1991/1984, do 31 de outubro, debendo as empresas substituí-la xornada reducida simultaneamente á xubilación parcial, por outros traballadores contratados a tempo parcial nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 25º.-Incapacidade temporal.

As empresas completarán as prestacións con cargo á Seguridade Social, ata o 100% do salario do convenio, nos casos e coa duración que se indica a continuación:

1. No suposto de que a situación de IT sexa como consecuencia de accidente de traballo, aboándose o complemento mentres dure a situación de IT.

2. No suposto de que a situación de IT sexa consecuencia de enfermidade común ou accidente non laboral, o complemento aboarase unicamente cando se produza a hospitalización do traballador e mentres dure esta.

VI. Comisións

Artigo 26º.-Comisión de seguridade e hixiene.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da asociación empresarial téxtil igual ó total das centrais sindicais.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terá como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observación das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestarlles asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten contra a integridade física e saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e os procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que se lles realicen ós traballadores deste sector.

5. Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento á mellora da seguridade social e hixiene no traballo, no sector e na provincia de Lugo.

Artigo 27º.-Comisión de formación.

As partes asinantes, acordan constituír unha comisión paritaria sectorial provincial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da asociación empresarial téxtil igual ó número total de representantes das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómica e central competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten o sector de comercio téxtil, coa finalidade

de colaborar tanto nos que estean en marcha como nos que se poidan programar no futuro.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacional como regrada.

-Elabora-los plans formativos necesarios para acada-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e á mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

VII. Outras materias

Artigo 28º.-Mozo especializado.

Todo traballador que actualmente figure na categoría como mozo e que efectúe traballos como reposición de almacén ou facturación de mercadorías, pasará á categoría de mozo especializado.

Artigo 29º.-Dereitos sindicais.

As empresas poñerán á disposición dos comités de empresa ou delegados de persoal o oportuno taboleiro de anuncios para o seu uso, sen prexuízo de poder mantelo para outros usos nos que así se autorizasen. As empresas poderán deducir, a través das nóminas, as cotas correspondentes ós afiliados ás centrais sindicais asinantes deste convenio naqueles supostos nos que os interesados llo solicitasen por escrito á dirección da empresa, indicando o número de conta corrente do sindicato ó que desexan que se lles transfira o importe da referida cota.

Artigo 30º.-Modalidades de contratación.

Os contratos de duración determinada previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, poderán ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaoito meses. No caso de que se concerten tales contratacións por un prazo inferior a doce meses, poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

Artigo 31º.-Prohibición de discriminación.

Dentro das empresas, os traballadores e traballadoras non poderán ser discriminados por razóns étnicas, de ideoloxía, sexo, afiliación política ou sindical.

Respectarase o principio de igualdade de acceso a tódolos postos de traballo da empresa tanto para homes como para mulleres sen ningunha discriminación.

Disposición transitoria

Única.-Revisión das táboas salariais con vixencia desde o 1 de abril de 2001 ó 31 de marzo de 2002.

En aplicación do disposto no artigo 10º, parágrafo terceiro, do convenio colectivo anterior, que establecía unha cláusula de revisión salarial para o caso de que o IPC real estatal o 31 de decembro de 2001 supere o incremento do 2% pactado, procédese á revisión das táboas salariais vixentes desde o 1 de abril de 2001 ata o 31 de marzo de 2002, que se incorporan a este convenio como anexo I.

Disposición adicional

Única.-Aboamento de atrasos.

Os atrasos ós que haxa lugar como consecuencia da publicación deste convenio, deberánselles aboar ós traballadores no prazo de dous meses contados desde a súa publicación no BOP de Lugo.

ANEXO I

Táboa salarial do convenio colectivo do comercio

téxtil de Lugo

Vixencia: 1-4-2001 ó 31-3-2002.

Categoría

profesional

Soldo

base

Compl. de

desgaste e

vestiario

Soldo

mes

Retribución

anual

* Grupo I. Persoal técnico titulado:
Titulado grao superior851,5759,56911,1313.488,27
Titulado grao medio723,7657,99781,7511.552,28
Axudante técnico sanitario638,5456,96695,5010.261,62

* Grupo II. Persoal mercantil técnico non titulado:
Director936,8660,62997,4814.780,34
Xefe de división830,2159,31889,5213.164,87
Xefe de persoal809,0359,04868,0712.843,93
Xefe de compras809,0359,04868,0712.843,93
Encargado xeral809,0359,04868,0712.843,93
Xefe de sucursal e súper723,7657,99781,7511.552,28
Xefe de almacén723,7657,99781,7511.552,28
Xefe de grupo681,1157,47738,5810.906,29
Xefe de sección mercantil625,6856,78682,4610.066,56
Encargado establecemento poxa617,1456,67673,819.937,14
Intérprete550,2654,16604,428.903,82
Xefe de vendas809,0359,04868,0712.843,93

-Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante625,6856,78682,4610.066,56
Corredor de praza617,1456,67673,819.937,14
Dependente595,8356,41652,249.614,37
Dependente maior654,4857,14711,6210.502,88
Axudante547,4555,84603,298.881,83
Traballador para a formaciónSMI53,23

* Grupo III. Persoal técnico non titulado:
Director936,8660,62997,4814.780,34
Xefe de división830,2159,31889,5213.164,87
Xefe de administración749,3358,30807,6311.939,55
Secretario604,4256,51660,939.744,42
Xefe de sección administrativa698,0957,68755,7711.163,51

-Persoal administrativo:
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo, idiomas, etc.625,6856,78682,4610.066,56
Oficial administrativo e operador de máquinas contables595,8356,41652,249.614,37
Auxiliar administrativo e perforista547,4555,84603,298.881,83
Auxiliar de caixa547,4555,84603,298.881,83
Auxiliar maior de caixa588,0356,31644,349.496,17

* Grupo IV. Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Xefe de sección de servicios680,2857,48737,7610.893,96
Debuxante723,7657,99781,7511.552,28
Escaparatista595,8356,41652,249.614,37
Axudante de montaxe547,4555,84603,298.881,83
Delineante553,2055,89609,098.968,68
Visitador553,2055,89609,098.968,68
Rotulista553,2055,89609,098.968,68
Cortador617,4856,67674,159.942,24
Axudante cortador547,4555,84603,298.881,83
Xefe de taller551,3455,86607,208.940,42
Persoal de oficio de 1ª583,0656,26639,329.421,02
Persoal de oficio de 2ª567,0456,06623,109.178,32
Persoal de oficio de 3ª559,9255,98615,909.070,56
Capataz572,7556,14628,899.264,93

Categoría

profesional

Soldo

base

Compl. de

desgaste e

vestiario

Soldo

mes

Retribución

anual

Mozo especializado554,9555,90610,858.995,05
Ascensorista547,4555,84603,298.881,83
Telefonista547,4555,84603,298.881,83
Mozo547,4555,84603,298.881,83
Empaquetadora547,4555,84603,298.881,83

* Grupo V. Persoal subalterno:
Conserxe547,4555,84603,298.881,83
Cobrador547,4555,84603,298.881,83
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro547,4555,84603,298.881,83
Persoal de limpeza2,55

ANEXO II

Táboa salarial do convenio colectivo do comercio

téxtil de Lugo

Vixencia: 1-4-2002 ó 31-3-2003.

Categoría

profesional

Soldo

base

Compl. de

desgaste e

vestiario

Soldo

mes

Retribución

anual

* Grupo I. Persoal técnico titulado:
Titulado grao superior885,6361,94947,5714.027,73
Titulado grao medio752,7160,31813,0212.014,37
Axudante técnico sanitario664,0859,24723,3210.672,08

* Grupo II. Persoal mercantil técnico non titulado:
Director974,3363,041.037,3715.371,43
Xefe de división863,4261,68925,1013.691,46
Xefe de persoal841,3961,40902,7913.357,65
Xefe de compras841,3961,40902,7913.357,65
Encargado xeral841,3961,40902,7913.357,65
Xefe de sucursal e súper752,7160,31813,0212.014,37
Xefe de almacén752,7160,31813,0212.014,37
Xefe de grupo708,3559,77768,1211.342,49
Xefe de sección mercantil650,7159,05709,7610.469,25
Encargado establecemento poxa641,8358,94700,7710.334,73
Intérprete572,2756,33628,609.260,01
Xefe de vendas841,3961,40902,7913.357,65

-Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante650,7159,05709,7610.469,25
Corredor de praza641,8358,94700,7710.334,73
Dependente619,6658,67678,339.998,94
Dependente maior680,6659,43740,0910.923,06
Axudante569,3558,07627,429.237,09
Traballador para a formaciónSMI55,36

* Grupo III. Persoal técnico non titulado:
Director974,3363,041.037,3715.371,43
Xefe de división863,4261,68925,1013.691,46
Xefe de administración779,3060,63839,9312.417,06
Secretario628,6058,77687,3710.134,24
Xefe de sección administrativa726,0159,99786,0011.610,03

-Persoal administrativo:
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo, idiomas, etc.650,7159,05709,7610.469,25
Oficial administrativo e operador de máquinas contables619,6658,67678,339.998,94
Auxiliar administrativo e perforista569,3558,07627,429.237,09
Auxiliar de caixa569,3558,07627,429.237,09
Auxiliar maior de caixa611,5558,56670,119.875,97

* Grupo IV. Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Xefe de sección de servicios707,4959,78767,2711.329,71
Debuxante752,7160,31813,0212.014,37
Escaparatista619,6658,67678,339.998,94
Axudante de montaxe569,3558,07627,429.237,09
Delineante575,3358,13633,469.327,51
Visitador575,3358,13633,469.327,51
Rotulista575,3358,13633,469.327,51
Cortador642,1858,94701,1210.339,98
Axudante cortador569,3558,07627,429.237,09
Xefe de taller573,3958,09631,489.297,93
Persoal de oficio de 1ª606,3858,51664,899.797,82
Persoal de oficio de 2ª589,7258,30648,029.545,40
Persoal de oficio de 3ª582,3258,22640,549.433,44
Capataz595,6658,39654,059.635,58
Mozo especializado577,1558,14635,299.354,93
Ascensorista569,3558,07627,429.237,09
Telefonista569,3558,07627,429.237,09
Mozo569,3558,07627,429.237,09
Empaquetadora569,3558,07627,429.237,09

Categoría

profesional

Soldo

base

Compl. de

desgaste e

vestiario

Soldo

mes

Retribución

anual

* Grupo V. Persoal subalterno:
Conserxe569,3558,07627,429.237,09
Cobrador569,3558,07627,429.237,09
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro569,3558,07627,429.237,09
Persoal de limpeza2,65

ANEXO III

Táboa salarial do convenio colectivo do comercio

téxtil de Lugo

Vixencia: 1-4-2003 ó 31-3-2004.

Categoría

profesional

Soldo

base

Compl. de

desgaste e

vestiario

Soldo

mes

Retribución

anual

* Grupo I. Persoal técnico titulado:
Titulado grao superior903,3463,18966,5214.308,26
Titulado grao medio767,7661,52829,2812.254,64
Axudante técnico sanitario677,3660,42737,7810.885,44

* Grupo II. Persoal mercantil técnico non titulado:
Director993,8264,301.058,1215.678,90
Xefe de división880,6962,91943,6013.965,27
Xefe de persoal858,2262,63920,8513.624,86
Xefe de compras858,2262,63920,8513.624,86
Encargado xeral858,2262,63920,8513.624,86
Xefe de sucursal e súper767,7661,52829,2812.254,64
Xefe de almacén767,7661,52829,2812.254,64
Xefe de grupo722,5260,97783,4911.569,44
Xefe de sección mercantil663,7260,23723,9510.678,56
Encargado establecemento poxa654,6760,12714,7910.541,49
Intérprete583,7257,46641,189.445,32
Xefe de vendas858,2262,63920,8513.624,86

-Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante663,7260,23723,9510.678,56
Corredor de praza654,6760,12714,7910.541,49
Dependente632,0559,84691,8910.198,83
Dependente maior694,2760,62754,8911.141,49
Axudante580,7459,23639,979.421,86
Traballador para a formaciónSMI56,47

* Grupo III. Persoal técnico non titulado:
Director993,8264,301.058,1215.678,90
Xefe de división880,6962,91943,6013.965,27
Xefe de administración794,8961,84856,7312.665,43
Secretario641,1759,95701,1210.336,95
Xefe de sección administrativa740,5361,19801,7211.842,23

-Persoal administrativo:
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo, idiomas, etc.663,7260,23723,9510.678,56
Oficial administrativo e operador de máquinas contables632,0559,84691,8910.198,83
Auxiliar administrativo e perforista580,7459,23639,979.421,86
Auxiliar de caixa580,7459,23639,979.421,86
Auxiliar maior de caixa623,7859,73683,5110.073,46

* Grupo IV. Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Xefe de sección de servicios721,6460,98782,6211.556,36
Debuxante767,7661,52829,2812.254,64
Escaparatista632,0559,84691,8910.198,83
Axudante de montaxe580,7459,23639,979.421,86
Delineante586,8459,29646,139.514,08
Visitador586,8459,29646,139.514,08
Rotulista586,8459,29646,139.514,08
Cortador655,0260,12715,1410.546,74
Axudante cortador580,7459,23639,979.421,86
Xefe de taller584,8659,25644,119.483,90
Persoal de oficio de 1ª618,5159,68678,199.993,81
Persoal de oficio de 2ª601,5159,47660,989.736,29
Persoal de oficio de 3ª593,9759,38653,359.622,11
Capataz607,5759,56667,139.828,27
Mozo especializado588,6959,30647,999.541,95
Ascensorista580,7459,23639,979.421,86
Telefonista580,7459,23639,979.421,86
Mozo580,7459,23639,979.421,86
Empaquetadora580,7459,23639,979.421,86

* Grupo V. Persoal subalterno:
Conserxe580,7459,23639,979.421,86
Cobrador580,7459,23639,979.421,86
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro580,7459,23639,979.421,86
Persoal de limpeza2,70