Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.472

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo para o sector de limpezas de edificios e locais da provincia de Ourense para o ano 2003.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de limpezas de edificios e locais da provincia de Ourense para o ano 2003 (código convenio nº 3200225), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4 de abril de 2003, subscrito con data 26 de marzo de 2003, pola Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas de Edificios e Locais de Ourense, en representación da parte empresarial, e polas centrais sindicais: Converxencia Intersindical Galega (CIG) e Comisións Obreiras (CC.OO.), en representación dos traballadores do sector.

Esta delegación provincial de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 8 de abril de 2003.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de limpezas de edificios e locais de Ourense para o ano 2003

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

No seu ámbito territorial, funcional e persoal, o presente convenio colectivo afectaralles ás empresas establecidas ou que se poidan establecer en Ourense e na súa provincia, xa sexan naturais ou xurídicas, que se dediquen á actividade de limpeza de edificios e locais.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Están incluídos, no ámbito de aplicación deste convenio, tódolos traballadores e traballadoras dependentes destas empresas, así como aquelas persoas que, deacordo coa ordenanza vixente, poidan saír do seu ámbito.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio comezará a rexer, para tódolos efectos, a partir do 1 de xaneiro de 2003; rematando o 31 de decembro de 2003 e manterá a súa vixencia mentres non sexa substituído por outro convenio entre as partes, se ben, o presente convenio comezará a súa negociación no mes de novembro do devandito ano, data na que se constituirá a comisión negociadora. En calquera caso, o seu articulado quedará vixente ata a substitución por outro convenio.

O presente convenio prorrogarase, tacitamente, de ano en ano, se calquera das partes non o denuncia con 3 meses de antelación ó remate da súa vixencia. A fórmula de denuncia será por medio de comunicación da parte denunciante á outra parte, na que se expresará o desexo de denunciar e negociar un novo convenio.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas de calquera índole contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas e situacións máis beneficiosas deste convenio subsistirán para aqueles que as viñan gozando, pero sen que poida interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas tivese que computarse o melloramento económico que supón este convenio.

Artigo 5º.-Antigüidade.

Os traballadores fixos comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio gozarán, como complemento persoal de antigüidade, dun aumento periódico por cada 3 anos de servicios prestados na mesma empresa ou centro de traballo, na contía do 5% do salario base por cada trienio.

Artigo 6º.-Pagas extraordinarias.

O persoal comprendido neste convenio percibirá 3 pagas extraordinarias, unha en xullo, outra en decembro e outra de beneficios, pagadoira no mes de marzo, na contía, cada unha delas, de 30 días de salario base máis antigüidade. O cálculo das mencionadas pagas efectuarase por sextas partes ou doceavas partes, segundo o teña determinado cada empresa.

O período de IT en calquera das súas modalidades non influirá no importe daquelas, que se cobrarán íntegras, con independencia do tempo no que o traballador estea de baixa.

Artigo 7º.-Gratificación de transporte.

En compensación dos gastos de transporte, xurdidos polo presente convenio, terán dereito a 0,60 euros por cada día efectivo de traballo. A partir de 1999, esta gratificación incrementarase na mesma

porcentaxe que o incremento salarial de cada ano, se ben dito incremento pasará á gratificación de actividade.

Artigo 8º.-Gratificación de actividade.

Establécese unha gratificación de actividade para tódolos traballadores do sector, que se fixa na contía de 1,48 euros por día efectivo de traballo.

Artigo 9º.-Gratificación de toxicidade, perigosidade e nocturnidade.

Estas gratificacións aboaranse cun incremento dun 25% do salario base maisantiguidade.

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, entendéndose como traballados os 20 minutos de bocadillo naquelas empresas que os viñesen gozando.

Aqueles traballadores que presten os seus servicios en varios centros de traballo coincidindo a hora de entrada e a hora de saída ou houbese unha diferencia inferior a 30 minutos como consecuencia do desprazamento, posporase a hora de entrada o tempo suficiente para chegar ó dito centro e sempre que este centro o permita, sen reducción de xornada.

Artigo 11º.-Festivos.

O traballador que realice a súa xornada laboral en domingo ou festivo, de mutuo acordo coa empresa, poderá:

a) Gozar, en compensación, de 1 día de descanso semanal.

b) Percibi-lo aboamento correspondente, segundo a normativa laboral vixente.

c) Acumulárlle-lo descanso ós días de vacacións regulamentarias.

Consideraranse festivos, para tódolos efectos, os días seguintes:

-Traballadores con xornada de luns a sábado: 19 de abril, 3 de maio, 11 de outubro, 10 de novembro, 24 e 31 de decembro.

-Traballadores con xornada de luns a venres: 11 de abril, 2 de maio, 31 de outubro, 24 e 31 de decembro.

Se á data de publicación do convenio no BOP, algún dos días libres establecidos fosen anteriores á mencionada publicación, eses días substituiranse por outros fixados de común acordo entre a empresa e os traballadores.

As devanditas datas poderán ser modificadas de común acordo entre a empresa e os traballadores.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia deste convenio non se farán horas extraordinarias de carácter normal, non obstante poderán facerse horas extraordinarias debidas a forza maior e as de carácter estructural.

Consideraranse horas extraordinarias as motivadas por forza maior, as traballadas e empregadas na reparación de sinistros ou as que se fagan para prever tales sinistros. E as horas estructurais, as que con carácter extraordinario e esporádico se fagan no seo da empresa, para cubri-la realización dun traballo que non fose posible prever nin substituír por contratacións temporais ou a tempo parcial, previstas na lei.

Enviaráselle á Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais un informe mensual destas horas e será feito conxuntamente polo comité de empresa e a dirección, e, se é o caso, polos delegados de persoal.

O incumprimento do pactado neste artigo, así como o referente ó artigo 35 do RDLex. 1/1995, do 24 de marzo, ou o RD 1958, do 20 de agosto, considerarase como unha falta grave para os efectos do disposto no artigo 97 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 13º.-Licencias.

Trala solicitude dos traballadores afectados, considerarase licencia retribuída, en tempo, que se indica nos seguintes casos:

-Por matrimonio do traballador: 15 días naturais.

-Por matrimonio de fillos: 1 día natural.

-Por nacemento de fillo: 2 días.

-Por falecemento do cónxuxe ou familiares en 1º e 2º grao de consanguinidade ou afinidade, é dicir: pais, fillos, avós, netos, irmáns, pais políticos, irmáns políticos e netos políticos: 3 días naturais, se é na provincia; e 5, se é fóra dela. No caso de enfermidade grave, accidente ou hospitalización: 2 días.

-Por falecemento de parentes de terceiro grao, é dicir tíos, bisavós, bisnetos políticos, bisavos políticos e sobriños políticos: 1 día natural.

-Os traballadores que cursen estudios para a obtención dun título oficial académico ou profesional ou para a realización de exames de acceso á Administración pública, previa comunicación do traballador/a á empresa e posterior xustificación, terán dereito a un permiso non retribuido de ata seis días ó ano para concorrer os ditos exames.

Nos demás casos aplicarase o disposto na lexislación vixente.

No caso de ter que ir ó medico, os traballadores gozarán dun tempo de tres horas, debendo achegarse xustificante expedido polo facultativo ou ó centro ó que fose no caso de ter empregado un tempo superior. No caso de desprazamento ó especialista terase en conta a distancia, e en consecuencia, o tempo indispensable (entenderase o especialista da Seguridade Social).

Artigo 14º.-Reducción da xornada por motivos familiares.

As traballadoras, por lactación de fillo menor de 9 meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. Á muller pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser gozado indistintamente pola nai o pai no caso de que ámbolos dous traballen.

Quen por razón de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos ou un diminuído físico ou psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada de traballo cunha diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo e quen non desempeñe actividade retribuída.

A reducción de xornada recollida neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores homes e mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercico simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

A concreción horaria e a determinación do período de goce do permiso de lactación e da reducción da xornada corresponderalle ó traballador, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisar previamente o empresario con 15 días de antelación a data na que se incorporará á súa xornada ordinaria.

Artigo 15º.-Suspensión do contrato por maternidade, risco durante o embarazo, adopción e acollemento.

O punto 1º d) do artigo 45 do Estatuto dos traballadores queda redactado da seguinte forma:

d) Maternidade, risco durante o embarazo da muller traballadora e adopción ou acollemento, preadoptivo ou permanente, de menores de 6 anos.

No non previsto haberá que aterse ó sinalado na Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.

Artigo 16º.-Excedencias.

Todo traballador cunha antigüidade na empresa de alomenos un ano, terá dereito a que se lle recoñeza en situación de excedencia voluntaria por un período máximo de 5 anos, non perdendo en ningún caso a antigüidade que mantiña no momento de solicitala e sendo obrigatorio para a empresa a concesión da devandita excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando sexa por natureza, como por adopción, ou nos supos

tos, de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contados desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a un ano, salvo que se estableza unha duración maior por negociación colectiva, os traballadores para atende-lo coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo, e non desempeñen actividade retribuída.

En todo o non previsto neste convenio nesta materia haberá que aterse ó disposto na Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la conciliación da vida familiar e laboral das personas traballadoras.

Artigo 17º.-Cambio de posto de trabaIlo por embarazo.

As mulleres embarazadas terán dereito a cambiar de posto de traballo, co fin de que, en ningún caso, estean obrigadas a desempeña-las súas funcións nos lugares radioactivos ou infecciosos, que supoñan perigo para o seu estado.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

A todo o persoal daráselle roupa de traballo adecuada e regulamentaria, fundas para os homes e batas para as mulleres, cada 6 meses, zapatillas cada 3 meses, guantes cada 20 días e zocos cada 9 meses. O persoal terá que devolve-la roupa e utensilios usados no momento no que se produza a substitución. No caso dunha nova contrata, a empresa adxudicataria terá a obriga de entrega-la roupa de traballo e o calzado nun período que non exceda de 15 días.

Artigo 19º.-Incapacidade temporal.

O traballador, que cause baixa por accidente laboral, percibirá o 100% do salario do convenio, desde o 1º día de baixa.

Por IT derivada de enfermidade, será, en cada momento, o que establezan as normas vixentes, salvo no suposto de que a enfermidade se prolongase por riba dos 15 días; neste caso, a empresa cubrirá o 100% do salario do convenio ata os 160 días.

No caso de IT por enfermidade, a empresa completará, igualmente, o 100% do salario do traballador, no suposto de que esta a requira hospitalización e, en todo caso, mentres dure esta. Igualmente, o traballador terá dereito ó 100% do seu salario no caso de convalecencia na súa casa por un período máximo de 45 días e sempre que estivera hospitalizado alomenos 1 día.

Artigo 20º.-Subrogación empresarial.

Co fin de conserva-los postos de traballo, darase automaticamente a incorporación dos traballadores da empresa cesante no cadro de persoal da nova concesionaria do servicio, independentemente da súa personalidade xurídico: sociedade anónima, sociedade limitada, sociedade civil, cooperativa, ou empresario individual, etc. e sempre que os traba

lladores para subrogar leven traballando na empresa cesante 4 ou máis meses, (nos casos de xubilación soamente se esixirán 2 meses para á subrogación).

1. Cando os traballadores da empresa cesante presten servicios no devandito centro, con independencia da duración da súa xornada laboral que se respectará na súa integridade e de cal sexa a modalidade do seu contrato de traballo.

Enténdese como obriga subrogatoria exclusivamente a dos traballadores adscritos ó centro de traballo, dos que se solicitará ó contratista principal unha listaxe coas categorías, antigüidade e postos de traballo.

2. Cando os traballadores, no momento do cambio de titularidade da contrata, se atopen en situación de incapacidade temporal, invalidez provisoria, excedencia ou vacacións, servicio militar ou situación análoga, pasando a estaren adscritos ó novo titular.

O persoal contratado interinamente para a substitución de traballadores a que se refire o parágrafo anterior pasará á nova empresa adxudicataria ata o momento da incorporación destes.

3. Cando os traballadores afectados compartan a súa xornada laboral con outros centros de traballo.

4. Se por esixencias do cliente contratante tivese que ampliarse a contrata con persoal de novo ingreso, este tamén será incorporado á nova empresa. Cando se amplíe a xornada nun centro de traballo, terán preferencia para o incremento da xornada laboral as/os traballadoras/es que presten os servicios no dito centro e non teñan xornada completa.

5. No caso de xubilación, baixa definitiva, por calquera causa, dun traballador/ra, os traballadores/as da dita contrata sen xornada completa terán dereito a ver aumentada a súa xornada ata completala nun máximo de 12 horas.

6. No caso de que o cliente rescindise o contrato de arrendamento de limpeza cunha empresa, para realizalo co seu propio persoal, e posteriormente contratase con outra o mencionado servicio, a nova empresa concesionaria incorporaralle ó seu cadro o persoal afectado da 1ª empresa, sempre que non transcorrese máis dun ano desde a nova contratación.

7. No suposto de que unha empresa de limpeza tivese que reducir persoal no centro, por esixencias do cliente, e posteriormente lle fose rescindido o contrato, a nova empresa concesionaria do servicio haberá de incluír no seu cadro de persoal a todo o persoal empregado no mencionado centro, incluíndo aquel que, no seu día, quedou afectado pola reducción do cadro de persoal. Para estes efectos, entenderase que quedan desvinculados laboralmente coa empresa cesante en canto ós centros nos que deixen de prestar servicios.

A empresa cesante deberá acredita-la relación do cadro de persoal, con expresión da liquidación e saldo de salarios, antigüidade, gratificacións, vaca

cións, etc., relativos ó persoal afecto ó devandito centro, antes das 48 horas de se iniciaren os servicios de limpeza pola nova empresa contratista ou ben ata as 24 horas seguintes á data de inicio dos servicios pola nova empresa.

A nova empresa concesionaria incorporará ó seu cadro de persoal o persoal afectado polo cambio de titularidade, con iguais dereitos e obrigas que tivesen na empresa cesante. Non obstante, non se responsabilizará das posibles diferencias salariais ou de infracotización á Seguridade Social, das que fose responsable a empresa cesante.

8. Nos contratos que subscriban as empresas cos seus clientes, constará unha cláusula para lembra-la vixencia do artigo 18 do convenio colectivo provincial de limpezas de edificios e locais de Ourense, así como a necesidade de dar cumprimento ó establecido na Lei da saúde laboral.

Artigo 21º.-Garantía dos cargos sindicais.

Con motivo de situacións concretas, como son a confección do cadro horario, calendario de vacacións e acordo para a negociación colectiva, o empresario facultará a reunirse nos locais da empresa ós traballadores e ós seus representantes sindicais durante a xornada de trabaIlo, sen que poida excederse de 1 hora nos devanditos casos e de común acordo para a designación de traballos urxentes que poidan xurdir.

Artigo 22º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio gozará de 30 días naturais ininterrompidos de vacacións anuais retribuídas.

O persoal que goce as vacacións nos meses de outubro a abril, ambos inclusive, de 30 días ininterrompidos e por necesidades da empresa, percibirá unha bolsa extrasalarial de 54,09 euros. Para aqueles que desfruten as súas vacacións de forma partida en tres períodos percibirán unha bolsa extrasalarial de 60,10 euros.

Os traballadores/as que presten os seus servicios en dúas ou máis empresas o goce delas corresponderá co pactado na empresa de maior xornada.

Farase un calendario de vacacións en cada empresa, de acordo entre empresa, traballador e comité, de tal xeito que os traballadores gocen as súas vacacións rotativamente, respectando a lexislación vixente.

No caso de que un traballador cause baixa antes do goce das vacacións, estas posporanse, fixándose un novo período e pasando o traballador afectado a gozalas, cando lle corresponda, segundo as quendas; o traballador non terá dereito á bolsa das vacacións, se o novo período fixado correspondese dentro dos meses que dan dereito ó percibo da mencionada bolsa. Pola contra, se a baixa se producise durante o goce das mesmas, estas seguirán correndo ata cumprirse o período correspondente.

Artigo 23º.-Control médico.

Os traballadores que fagan o seu traballo en lugares radioactivos ou infecciosos, terán dereito a realizar un control médico cada 6 meses, de acordo coas normas sanitarias vixentes. O resto dos traballadores terán dereito ó devandito control como mínimo 1 vez ó ano.

Artigo 24º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento do pactado neste convenio, e en xeral para cantas cuestións se deriven da aplicación do presente convenio, establécese unha comisión paritaria, que estará integrada por un representante de cada central sindical firmante do presente convenio (CC.OO., CIG) e un da Asociación Empresarial de Limpezas de Edificios e Locais de Ourense, e un de Aspel.

A mencionada comisión paritaria reunirase no prazo de 3 meses, desde a sinatura do presente convenio, co fin de analiza-la intrusión existente no sector, que está a producir unha grave competencia desleal, con graves prexuízos, tanto para os traballadores como para as empresas, instando as autoridades pertinentes ás accións legais que correspondan, así como para analizar e concretar aquelas cuestións que redunden en beneficio para o sector.

Artigo 25º.-Xubilación.

Todo traballador afectado por este convenio poderá solicita-la xubilación os 64 anos, ó abeiro do disposto no RD lexislativo 14/1981, do 28 de agosto; neste suposto, a empresa estará obrigada a contratar outro traballador, perceptor de desemprego ou mozo demandante de 1º emprego, a través dun contrato de idéntica natureza.

Artigo 26º.-Póliza de seguros.

As empresas comprendidas no ámbito de aplicación deste convenio establecerán para tódolos traballadores unha póliza de seguros de falecemento e invalidez por accidente de traballo, que lles garanta ós seus traballadores: 15.626,31 euros, no caso de falecemento e 20.133,91 euros, no caso de invalidez permanente total, absoluta e grande invalidez.

Artigo 27º.-Incremento salarial.

Os salarios do presente convenio foron incrementados, respecto dos do 2002, nun 3,80% para o ano 2003.

Artigo 28º.-Período de proba.

Poderá concertarse, por escrito, un período de proba que, en ningún caso, poderá exceder de 6 meses para os técnicos titulados, nin de 3 meses para os demais traballadores, agás para os non cualificados. Neste caso, a duración máxima será de 15 días laborables.

Artigo 29º.-Axudas de custo.

Establécese un importe mínimo para as axudas de custo, establecidas no artigo 42 da ordenanza, de 29,14 euros, cando se teña que comer ou pasa-la

noite fóra da casa. De 21,77 euros, cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio, e de 11,06 euros, cando se realice 1 soa comida. En todo caso, as referidas contías son mínimas e tamén poderá establecerse ó sistema de gastos para xustificar.

Artigo 30º.-Réxime disciplinario para o acoso sexual.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto ou a intimidade, ou contra a liberdade dos traballadores ou traballadoras, conductas de acoso sexual, verbais ou físicas, serán conceptuadas como faltas moi graves, graves ou leves, en función da repercusión do feito (*). Nos supostos nos que se leve a cabo, servíndose da súa relación xerárquica coa persoa e/ou persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, sección sindical ou representantes dos traballadores/as, a dirección de persoal da empresa velará polo dereito á intimidade cando así fose requirido.

(*) Dada a falta de normativa existente poderá seguirse a descrición de sancións incluídas no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Artigo 31º.-Empresas de traballo temporal.

Os traballadores/as que sexan contratados a través dunha ETT para presta-los seus servicios nas empresas usuarias de limpeza, seralles de aplicación o presente convenio colectivo. Ó mesmo tempo, de tódolos contratos que faga a empresa usuaria nesta modalidade (a través de ETT) daralle copia deste ó representante sindical, se o houbese.

Artigo 32º.-Contratos para a formación.

Os contratos para a formación que veñen regulados no artigo 11 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo do Estatuto dos traballadores terán unha duración mínima de seis meses e máxima de dous anos, de conformidade co sinalado na alínea c) do nº 2 do mencionado artigo 11. En todo o demais haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente na materia.

Artigo 33º.-Medidas de fomento para o emprego e da contratación laboral.

O contrato de duración determinada da modalidade eventual por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou excesos de pedidos, regulado no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción que lle dá a Lei 63/1997, poderá ter unha duración máxima de 12 meses, dentro dun período de 18 meses.

Esta duración máxima seralle aplicable tanto ós novos contratos desta modalidade asinados a partir da entrada en vigor do presente convenio, como ás prórrogas dos contratos de traballo vixentes antes da entrada en vigor.

Artigo 34º

As partes asinantes do presente convenio colectivo para unha mellor estabilidade no emprego, acordan fomenta-la contratación indefinida estando obrigadas a efectuar a partir da sinatura deste convenio o 20% de contratos indefinidos a xornada completa.

Disposicións xerais

Primeira.-Ámbalas partes acordan mante-lo texto da derrogada ordenanza de traballo, como dereito supletorio, para aquelas cuestións non previstas no propio texto do convenio.

Segunda.-As empresas afectadas por este convenio deberán ter un exemplar deste, así como a copia dos boletíns de cotización á Seguridade Social no taboleiro de anuncios da empresa, para o coñecemento de tódolos traballadores, co fin de que constaten a súa situación laboral mensual.

Terceira.-As partes asinantes do presente convenio son a Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas de Edificios e Locais de Ourense e as centrais sindicais CIG, CC.OO., ámbalas partes con capacidade legal suficiente e lexitimidade de conformidade co disposto no RD lexislativo que aprobou o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Cuarta.-Ante a conveniencia de regula-lo sector e combate-la clandestinidade, as partes asinantes do presente convenio acordan que se reúna a comisión paritaria do convenio na primeira semana de xaneiro, abril, setembro e decembro de cada ano, para trata-los temas relacionados co devandito sector e tomalas medidas que, se é o caso, correspondan.

Quinta.-Co fin de evita-los problemas que poidan xurdir no momento de producirse unha subrogación, e no caso de xurdir algunha desavinza derivada da subrogación, as partes asinantes do presente convenio acordan, no caso de xurdir, que ámbalas empresas afectadas se reunirán conxuntamente cun representante das organizacións sindicais asinantes do presente convenio e un representante da Confederación Empresarial de Ourense, co obxecto de tratar de aclara-la situación empresarial e resolve-lo conflicto xurdido pola subrogación, redactándose acta da devandita reunión, na que constará o acordo, o desacordo e, se é o caso a inasistencia dunha das partes.

Sexta.-Cláusula de submisión ó AGA. Ante a importancia que poida ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais, a elaboración dun Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo AGA, asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais CC.OO., UXT e a CIG, as partes asinantes dese convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos nos que están formulados.

Sétima.-Durante a vixencia deste convenio, a conversión en indefinidos daqueles contratos que se concertasen con carácter temporal de duración deter

minada, acolleranse ó disposto na alínea b), parágrafo 2º da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado e fomento da contratación indefinida, en virtude do cal os ditos contratos quedarán incluídos no réxime previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Oitava.-Ámbalas partes se comprometen a constituír, en data inmediata e de entre os seus integrantes, unha comisión para o seguimento e aplicación no sector do RDL 1997, do 17 de maio, como norma reguladora para o fomento da contratación indefinida. A dita comisión reunirase con carácter ordinario cada catro meses e con carácter extraordinario cada vez que unha das partes o solicite.

Novena.-No caso de que o IPC real do ano 2003 superase o 2,75% actualizaranse as táboas na diferencia entre o IPC real e o 2,75% aboándose os atrasos unicamente a partir do mes no que se supere o 2,75%. De actualizarse as táboas salariais, estas servirán de base para a negociación do convenio de 2004.

Disposición derradeira

No suposto de modificación dos textos da Ordenanza laboral do 15-2-1975, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e a Lei 11/1985, do 2 de agosto, os aspectos non reflectidos neste convenio e contidos nas devanditas leis pasarán a formar parte del.

ANEXO I

Táboa salarial

CategoríaSalario

-Persoal directivo e técnico

* Subgrupo I persoal directivo
Director1.378,77 A
Director comercial1.246,40 A
Director administrativo1.246,40 A
Xefe de persoal1.246,40 A
Xefe de compras1.247,44 A
Xefe de sección1.247,44 A

* Subgrupo II persoal titulado
Titulado de grao superior1.020,75 A
Titulado de grao medio891,30 A
Titulado laboral ou profesional765,27 A

-Administrativos/administrativas
Xefe de primeira852,45 A
Xefe de segunda674,00 A
Caixeiro674,00 A
Oficial de 1ª665,74 A
Oficial de 2ª658,28 A
Auxiliar647,91 A
Cobrador645,07 A

-Mandos intermedios
Encargado xeral770,71 A
Supervisor encargado de zona669,38 A
Supervisor encargo de sector644,17 A

CategoríaSalario

-Persoal subalterno
Ordenanza621,67 A
Almacenista621,67 A
Listeiro621,67 A
Vixilante621,67 A
Mozo de recados469,94 A

-Persoal obreiro

Especialista20,99 A
Peón especialista20,99 A
Limpador/a20,56 A
Peón20,56 A
Axudante20,56 A
Oficial de primeira de oficios varios21,07 A
Encargado de grupo ou edificios21,65 A
Responsable de edificios20,74 A
Conductor limpador20,74 A
Traballador menor de 18 anos SMI