Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social 993/2002.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun (1) mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente: 993/2002.

Acta nº: 1933/2002 (I) (II),

Titular: Ascenco, S.L.L.(I).

NIF/DNI: B-15779671.

Enderezo: praza do Comercio, 19-1º, A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 21-3-2003.

Resolución: sanción por importe de 1.503,00 euros.

Feitos: co obxecto de investiga-lo accidente sufrido por José Félix Díaz Castelo, realizouse visita da Inspección de Traballo ás instalacións da empresa Ferr Galicia, S.A. (r/ Galileo Galilei-A Coruña). Constatouse que o accidente (caída do traballador desde

uns 3 metros de altura), tivo lugar por non dispor dos medios adecuados de protección fronte ó risco de caída de altura, como serían a utilización de plataformas de traballo seguras ou, no seu defecto, cinto de seguridade anticaídas, debidamente ancorado.

Vulnéranse os artigos 14 e 17 da Lei 31/1995; 3 e 4 do Real decreto 773/1997; e 3 do Real decreto 1215/1997, en relación co seu anexo II punto 1.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.16º f) e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 17 de xuño de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña