Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción B-27242569 por infracción na orde social.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, ó non poder notificar por correo certificado, a resolución dictada no expediente de sanción, por infracción na orde social, (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral), o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa: Agencia Artística Unirdel, S.L.

Domicilio: Benigno Quiroga, 17, Sarria.

NIF: B-27242569.

Nº de expediente: 47/2003.

Contía: 300,51 euros.

Disp. infrinxida: artigo 5.3.3.) da Lei 42/1997.

Contra esta resolución poderá interpor o interesado recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselle que de non ser interposto este en tempo e forma, haberán de aboa-la multa imposta a través de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado dende o día seguinte o da notificación desta resolución xa que, noutro caso, procederase á exación pola vía de contrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 16 de xuño de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo