Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e tramitación de urxencia, da contratación da asistencia técnica para a xestión e administración dos aproveitamentos hidroeléctricos en tramitación e explotación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: EC/002/03/AT.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: traballos de consultoría e asistencia técnica para a xestión e administración dos aproveitamentos hidroeléctricos en tramitación e explotación.

b) División por lotes e número: non hai división.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): vintecatro (24).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oitocentos once mil oitocentos oitenta e nove euros con dezaseis céntimos (811.889,16 A).

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95/981 54 45 58.

e) Telefax: 981 54 19 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º, punto a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño); a solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 19, puntos b) c) e e), da mesma lei.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

b) Enderezo: rúa Doutor Maceira, nº 18-baixo (Conxo).

c) Localidade: 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 7 de agosto de 2003.

e) Hora: 10.30 horas.

10. Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 31 de xullo de 2003, ás 10.30 horas, na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

11. Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Portal informático ou páxina web onde figuran informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo Augas

de Galicia