Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2003, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación dos concursos públicos correspondentes ós expedientes CP-SX-02/2003 e CP-SX-03/2003.

A directora xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) e para cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracions públicas, resolve publica-las adxudicacións dos contratos que se citan.

Número de expediente: CP-SX-02/2003.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Ourense, avda. de Zamora, nº 13-3º, 32005 Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Servicios Xerais. Teléfono 988 38 64 37. Fax 988 38 64 50.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde e Punto de Atención Continuada (PAC) do Carballiño.

c) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 85, do 5 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 69.000,00 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 5 de xuño de 2003.

b) Contratista: Limpiezas Pisuerga Grupo Norte, Limpisa, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 66.665,42 euros (IVE incluído).

Número de expediente: CP-SX-03/2003.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Ourense, avda. de Zamora, nº 13-3º, 32005 Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Servicios Xerais. Teléfono 988 38 64 37. Fax 988 38 64 50.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde de Mariñamansa (A Coruña).

c) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 85, do 5 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 68.592,00 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 5 de xuño de 2003.

b) Contratista: Limpiezas Pisuerga Grupo Norte, Limpisa, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 66.728,42 euros (IVE incluído).

Ourense, 18 de xuño de 2003.

Eloína Núñez Masid

Directora xerente de Atención Primaria de Ourense