Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.439

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (284/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber: que nos autos número 284/2003 seguidos por instancia de Laura Mirad González e Marisol Pardo Garabato contra Confecciones Asturgal, S.L. e Fogasa sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 30 de maio de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa Confecciones Asturgal, S.L. a que readmita inmediatamente a Laura Mirad González e Marisol Pardo Garabato nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ás demandantes das seguintes cantidades en concepto de indemnización:

TraballadoraIndemnización

Laura Mirad González1.017,03 A

Marisol Pardo Garabato1.379,27 A

A devandita opción deberá exercerse no termo dos 5 días contados a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante deste xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose o sentido da opción, condeno así mesmo a parte demandada a que satisfaga ás demandantes os salarios que non percibiran desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración, para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a liquidación que establece o artigo 57.1º do ET, e que ata esta data ascenden ás seguintes cantidades:

TraballadoraSalarios de trámite

Laura Mirad González2.253,16 A

Marisol Pardo Garabato2.253,16 A

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Confecciones Asturgal, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na rúa de Oviedo, 8, 1º, Meicende, 15142 Arteixo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 30 de maio de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado