Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.439

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (387/2001-C).

Eu, Pilar Millán Mon, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra, dou fe de que neste xulgado se seguen autos de xuízo ordinario número 387/2001, por instancia de María Gloria Regodeseves Corveiras, fronte a María del Carmen Carballa Castiñeira, María Jimena Regodeseves Corveiras, comunidade de herdeiros de Adolfo Portela Calvar, herdeiros ignorados de Patrocinia Ledo, persoas descoñecidas que puidesen ter interese na litis e contra Alberto da Silva Gallego, sobre deslinde e colocación de marcos; nos citados autos, con data do dez de xaneiro de dous mil tres, dictouse sentencia coa resolución que literalmente di:

«Que considero parcialmente a demanda deducida por María Gloria Francisca Regodeseves Corveiras e, en consecuencia, declaro que procede o deslinde do predio da súa propiedade e posterior colocación de marcos, expresada coa letra B no bosquexo do informe do perito Sr. Vidal Fernández, con respecto ás colindantes A, C e D, que se practicará en fase de execución de sentencia, logo do oportuno dictame pericial, conforme as bases seguintes: 1.-Determinarase a superficie real das parcelas afectadas A, B, C e D. 2.-Realizada tal operación, tomarase a superficie segundo os títulos e distribuirase o aumento ou a falta das superficies en proporción a estes. 3.-Todo iso con respecto ó linde sur, coa estrada de Lourido a Campelo, que os tres predios, B, D e C deben conservar, axustándose as súas superficies polos ventos restantes. Absolvo a María del Carmen Carballa Castiñeira das pretensións contra ela formuladas. Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e a metade das comúns.

Así, por esta miña sentencia, da que se porá testemuño nos autos principais, con inclusión do orixinal no libro correspondente, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Recursos. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación mediante a presentación de escrito de preparación no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación, ante este tribunal. Deberanse expresa-los pronunciamentos que se impugnan».

E para que lles sirva de notificación ós herdeiros ignorados de Patrocinia Ledo e persoas descoñecidas que puidesen ter interese na litis, tendo en conta o descoñecemento do actual domicilio ou residencia deles, asino este edicto en Pontevedra o 4 de febreiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado