Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.440

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (573/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social número dous, tramitados baixo o número 573/2001, por instancia da Xunta de Galicia contra a TXSS e Ángel María Alonso Revilla, sobre alta de oficio, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 11 de xuño de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 573/2001, seguidos por instancia da Xunta de Galicia, representada e asistida pola letrada Natalia Solar Jimena, contra a TXSS, representada e sistida pola letrada Cristina Ortiz Dorda; e Ángel María Alonso Revilla, que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, alta de oficio.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido, que debo desestimar e desestimo integramente a demanda interposta pola Xunta de Galicia e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a TXSS e Ángel María Alonso Revilla dos seus pedimentos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá, no caso, a Sala

do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 11 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado