Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.440

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (72/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 72/2003, por instancia de María Josefa Boquete Pazos e outra, contra a empresa Puro Lar, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 21 de maio de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por María Josefa Boquete Pazos e Susana Vilela Alfonso, contra a empresa Puro Lar, S.L. condeno a esta a aboárlle-la cantidade de 1.782,57 euros a María Josefa Boquete Pazos e 2.187,14 euros a Susana Vilela Alfonso, que lles debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0072.03 de Banesto desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Puro Lar, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 16 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado