Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.441

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (344/2002).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 344/2002, seguidos por instancia de Ángel Cobas Lema contra a empresa Cedrón Telecomunicaciones, S.L. e outros sobre despedimento, dictouse a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia. En Lugo o trece de xuño de dous mil tres. Vistos, por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal número 344/2003, sobre reclamación de despedimento, no que son partes, como demandante, Ángel Cobas Lema, representado polo letrado Xermán Vázquez Díaz, e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo avogado do Estado Alfredo Barrigón del Santo.

Non comparecen os codemandados, empresa Cedrón Telecomunicaciones, S.L. e Amalia Álvarez López, os cales constaban citados en legal forma.

Parte dispositiva: que estimando a demanda interposta por Ángel Cobas Lema, sobre despedimento, contra a empresa Cedrón Telecomunicaciones, S.L., debo declarar e declaro a súa improcedencia e, en consecuencia, debo condenar e condeno a devandita empresa a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentencia, opte entre a readmisión do traballador demandante ou o aboamento dunha indemnización de mil catrocentos dous euros con setenta céntimos de euro (1.402,70 A), entendéndose que de non opta-lo empresario en prazo pola readmisión ou pola indemnización procede a primeira, e, ademais, nun e noutro caso, ó pagamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (12-3-2003) ata a da notificación da sentencia, a razón de 30,56 A diarios de soldo, e que ata a data desta resolución ascenden á suma de dous mil oitocentos setenta e dous euros con sesenta e catro céntimos de euro (2.872,64 A).

Absólvese a Amalia Álvarez López ó non lle alcanzar responsabilidade ningunha, tras celebrar audencia pública o día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concordan ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Cedrón Telecomunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o trece de xuño de dous mil tres.

Rubricado