Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 915/2002 e dous máis.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que, no prazo dun (1) mes contado a partir do día da sua publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais. Advírteselles que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun (1) mes de prazo para aboaren a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia delegación provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

-Expediente nº: 915/02.

Acta nº: 1758/02.

Titular: Intertextil Bergondo, S.L.

NIF/DNI: B-15.724.024.

Enderezo: avda. del Ejército, 22 (A Coruña).

Materia: traballo.

Data res.: 21-4-2003.

Resolución: sanción por importe de 602,00 A.

Feitos: examinada a documentación laboral e social da empresa da referencia, constatouse que os contratos celebrados con catro das traballadoras como eventuais non reunían as condicións esixidas pola lei, posto que a non determinación precisa da causa do contrato determina que se celebrasen en fraude de lei.

Vulnéranse os artigos 5.1º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; artigos 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación co artigo 3.1º e 2º do R.D. 2720/1998, do 18 de decembro.

Tipificación: falta grave en grao medio, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 7.2º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

-Expediente nº: 990/02.

Acta nº: 1903/02.

Titular: Pavimentos y Alicatados de Galicia, S.L.

NIF/DNI: B-15.812.738.

Enderezo: urb. San Sadurniño, 6 B-1º C, Teo.

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 2-4-2003.

Resolución: sanción por importe de 1.503,00 A.

Feitos: dos antecedentes obrantes na Inspección de Traballo, constatouse que en data 10-5-2002 se produciu un accidente de traballo calificado como falecemento sufrido polo traballador José A. Lorenzo

González, resultando que a empresa da referencia non deu traslado del á autoridade laboral no prazo de 24 horas, senón que o fixo en data 16-9-2002.

Vulnéranse os artigos 32.3º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación co artigo 6 da O.M. do 16-12-1987, sobre modelos para a notificación de accidentes de traballo.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.3º e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

-Expediente nº: 2003/279.

Acta nº: 109/03.

Titular: Cocoba, S.L.

NIF/DNI: B-15.173.016.

Enderezo: Buenavista, 12 baixo, A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 21-5-2003.

Resolución: anula-la acta de infracción por defecto de notificación.

Feitos: co obxecto de investiga-lo accidente laboral sufrido polo traballador Manuel Vallo Sánchez, constatouse que no momento do accidente a empresa carecía de avaliación de riscos -e da correspondente planificación preventiva-, ademais de concertación do servicio de prevención. Estábase a utilizar un equipamento de traballo sen as proteccións obrigatorias (máquina circular co disco ó descuberto, o que provocou o corte dos dedos do traballador).

Vulnéranse o artigo 5.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigo 14 da Lei 31/1995, e artigos 3 e 4 do R.D. 1215/1997, en relación co seu anexo I, número 1.8.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.16º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislatico 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 16 de xuño de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña