Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de xogo C-47/2002.

Intentada a notificación ó titular do establecemento, en relación co expediente sancionador en materia de xogo, que se relaciona no anexo, e ó non poder efectuarse, esta Dirección Xeral de Interior e Protección Civil resolve, ó abeiro do previsto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, proceder á notificación da dita resolución mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De non ter presentado recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme en vía administrativa, debendo aboa-lo importe da multa por transferencia bancaria, no período voluntario sinalado no boletín de multas e sancións á súa disposición na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local na Coruña (sita na rúa Fernando Macías nº 18, 1º), a favor do Tesouro da Facenda, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, facendo consta-lo número de expediente sancionador. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido, procederase á súa execución por vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 5 de decembro).

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2003.

José Benito Suárez Costa

Director xeral de Interior e Protección Civil

ANEXO

Exp.: C-47/2002.

Empresa operadora/titular: Salvador Gómez Gómez.

Enderezo: r/ Costa do Ferrador, nº 2.

CIF/NIF: 33220127-P.

Data resolución: 14-5-2003.

Tipificación: grave.

Importe: 3.001 A.

Establecemento: Pub Saudade, r/ Costa do Ferrador, nº 2, 15200 Noia (A Coruña).

c/c que hai que ingresar: 390049, Caixa Nova ou Caixa Galicia.

Precepto infrinxido: artigo 29 i) da Lei 14/1985.