De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 1 de xaneiro) notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente sancionador nº OU-S-24/2003, da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo, xa que intentada polos medios habituais, non puido practicarse.
Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.
De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince días (15) hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, en calquera oficina de Caixa Galicia (conta contable 840, código 001) e Caixanova (modelo XTAX). De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).
Expediente: OU-S-24/2003.
Titular sancionado: José A. García Albes-Franco.
Establecemento: Café Bar Chelos.
Domicilio: rúa San Mamede, 4.
Localidade: Ourense.
Resolución: 27 de maio de 2003.
Preceptos infrinxidos: artigo 78.2º e 16.10º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, e artigo 1 do Decreto 297/2002, do 24 de outubro.
Tipificación da infracción: artigo 86.1º e 86.5º da Lei 9/1997, do 21 de agosto.
Sanción: cento cincuenta euros (150 euros) para cada unha das infraccións.
Ourense, 12 de xuño de 2003.
José Luis Pérez Pérez
Delegado provincial de Ourense
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN
LOCAL