Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 9 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a toma de posesión provisional de predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Sobreganade (Porqueira-Ourense).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Sobreganade (Porquei

ra-Ourense), resoltos os recursos presentados contra el, e non representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, resolveu dar posesión provisional dos novos predios, fixándose como data para a toma de posesión, o día 1 de agosto de 2003. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro). No caso de que algún propietario non permita a toma de posesión dos predios de substitución, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da citada lei.

Segundo establece o artigo 46 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, os interesados poderán reclamar ante este servicio na rúa Florentino López Cuevillas, 4 e 6 de Ourense, acompañando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, dentro dos sesenta días naturais seguintes á data en que os predios de substitución se poñan á disposición dos participantes para que tomen posesión deles.

As denuncias contra os propietarios que impidan a toma de posesión deberán facelas os novos propietarios no prazo sinalado no segundo parágrafo deste aviso.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos nas leis.

En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre o entregante e o adxudicatario. No caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas entregadas dentro dos tres meses seguintes á data da toma de posesión, logo da petición ó servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo, entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

Ourense, 9 de xuño de 2003.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO