Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición da autorización, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/442-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Desarrollo Energético de A Lama, S.L.

Domicilio social: Cantón Grande nº 6-6º A, 15003 A Coruña.

Denominación: subestación Conca Verdugo.

Situación: concello da Lama.

Descricións técnicas: subestación transformadora de 15 MVA, R.T. 66/20 kV, cunha posición de 66 kV de liña de saída, tres posicións de liña de 20 kV, un trafo de servicios auxiliares de 50 kVA, equipos de protección, medida e control e sistemas auxiliares. A instalación está situada no concello da Lama.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, así mesmo, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.

Pontevedra, 2 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello da Lama

Subestación Conca Verdugo.

Nº polígono: 11.

Nº parcela: 499.

Propietario: monte veciñal en man común de Antas. Presidente: Juan Vázquez Nogueira.

Domicilio: Porteliñas, 2, Antas-A Lama (Pontevedra).

Cód. postal: 36830.

Afección m:-Vial: 2.251,51.-Subestación: 2.992,94.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL