Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Álabe-Montemaior sur. (Expediente 063-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Acciona Eólica de Galicia, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en parque empresarial La Moraleja; avda. de Europa nº 18, 28108 Alcobendas, Madrid, sobre autorización de instalacións e utilidade pública do parque eólico denominado Álabe-Montemaior sur; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 4 de outubro de 2000, Juan Antonio Alonso Comerma, en nome e representación de Acciona Eólica de Galicia, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía

eléctrica, declaración de utilidade pública en concreto e aprobación do proxecto sectorial do parque eólico denominado Álabe-Montemaior sur, de 18 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o

aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia; artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; decretos 2167 e 2619/1966, xa mencionados; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 23 de xaneiro, publicada no xornal El Progreso do 27 de xaneiro, no BOP de Lugo do 1 de febreiro, Boletín Oficial del Estado do 1 de febreiro, xornal La Voz de Galicia do 3 de febreiro, no DOG do 5 de febreiro de 2001 e no taboleiro de anuncios do Concello de Abadín, e déuselles coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Durante o período de información pública, Manuel Fernández Blanco, en representación de Cubiertas de Pizarra Reunidas y Agrupadas de Exportación, S.A. (Cupire-Padesa) alega o seguinte:

a) Oponse á autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións do parque que afecten o permiso de investigación Tojiza nº 5.531, do que é cotitular xunto coa empresa Revestimientos Naturales, S.L.

b) Indica que os organismos afectados e dependentes da consellería deberán efectuar un estudio técnico que determine o risco que se podería ocasionar pola instalación do parque no lugar proposto

se non respectasen as distancias áticas respecto á zona de investigación e posterior explotación mineira.

c) En caso de que se concedese a declaración de utilidade pública, que se denegue a urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, seguíndose o procedemento xeral da Lei de expropiación forzosa, así como a inclusión do permiso de investigación na relación de bens e titulares afectados.

Terceiro.-O 23 de agosto de 2001, o promotor presentou escrito na Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo solicitando a modificación do proxecto do citado parque eólico, reformando o sistema de recollida de enerxía eléctrica de media tensión, eliminando os centros de media tensión e reducindo as afeccións ás propiedades nas que se asentaban, modificándose con iso o orzamento de investimento previsto ó novo importe de 14.411.631,96 euros.

Cuarto.-O 8 de outubro de 2001, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto e o seu modificado parcial, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Álabe -Montemaior surAbadín (Lugo)XY

0.622.179,004.811.220,00

0.622.169,004.811.124,00

0.622.570,004.810. 694,00

0.622.505,004.810.207,00

0.621.805,004.810.415,00

0.621.765,004.810.845,00

0.620.850,004.811.055,00

0.620.805,004.810.350,00

0.620.490,004.810.377,00

0.620.495,004.810.755,00

0.619.305,004.810.865,00

0.619.305,004.811.320,00

0.620.495,004.811.275,00

0.620.590,004.811.580,00

0.619.380,004.812.000,00

0.620.465,004.812.000,00

0.620.890,004.811.530,00

Nº de aeroxeradores: 24.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Xeradores: NEG-MICON NM750/44 e NM750/48.

Potencia total instalada: 18 MW.

Producción anual estimada: 47.209 MWh/ano.

Investimento previsto: 14.411.631,96 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-24 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador, coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no Parque Eólico Álabe-Montemaior sur, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal, cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

Quinto.-O 26 de agosto de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu formula-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, no cal se fixan as 17 posicións dos 24 aeroxeradores proxectados. A eliminación dos sete aeroxeradores débese á súa incompatibilidade coa conservación do patrimonio cultural da zona.

Sexto.-O expediente incluíuse de forma automática dentro do conxunto de solicitudes presentadas á primeira convocatoria anual do artigo 15 do Decreto 302/2001. Por Resolución do 3 de marzo de 2003 desta consellería acordouse que se proseguise a tramitación administrativa de autorización deste parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro; o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegación presentada por Manuel Fernández Blanco, en representación de Cubiertas de Pizarra Reunidas y Agrupadas de Exportación, S.A. (Cupire-Padesa), da contestación dada a esta por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, cabe manifestar que a prevalencia ou compatibilidade do permiso de investigación denominado Tojiza nº 5.531 se resolverá cando se declare a utilidade pública do Parque Eólico Álabe-Montemaior sur.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizarlle a Acciona Eólica de Galicia, S.A., a instalación dos equipos electromecánicos do par

que eólico denominado Álabe-Montemaior sur, para unha potencia total de 12,75 MW, que se vai situar no concello de Abadín.

2. Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

3. Recoñecerlle a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Acciona Eólica de Galicia, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 288.232,64 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 19 do citado Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

A citada fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 14.411.631,96 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade. Queda condicionado o inicio das obras do aeroxerador MS-1313, xunto coas súas infraestructuras asociadas, á vía MS-2D e á vía MS-23 á proposta de localización alternativa da plataforma do aeroxerador e ás vías segundo o requirido no punto 11.1 da DIA.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Una vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas, e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Acciona Eólica de Galicia, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e

Comercio, do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema de captación e procesamento de datos de producción enerxética de Galicia regulado pola Orde do 29 de xullo de 2002 (DOG do 13 de agosto).

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución, na declaración de impacto ambiental do 26 de agosto de 2002, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas