Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 20 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social 2003/0006-0 e 2003/0007-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle ás empresas relacionadas no anexo a resolución recaída en expedientes sancionadores en materia laboral.

Faise saber que contra ela cabe formular recurso de alzada no prazo dun mes contado desde a súa publicación ante a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Advírtese que, de non ser interposto, en tempo e forma, e no mesmo prazo terán que pagar-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar nas dependencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais, xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento nos termos previstos no artigo 2 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 e demais disposicións xerais de aplicación.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: WSI CORUÑA, S.L.

Domicilio, localidade: A Coruña.

Nº expediente: 2003/0006-0. 1878/02/1/T (AI).

Data resolución dirección xeral ou consellería: 16 de maio de 2003.

Precepto infrinxido: artigo 51.2º e 4.2º a) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Precepto sancionador: artigo 8.3º do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Sanción imposta: 30.000 A.

Empresa: Kids Galicia, S.L.

Domicilio, localidade: A Coruña.

Nº expediente: 2003/0007-0. 1879/02/1/T (AI).

Data resolución dirección xeral ou consellería: 16 de maio de 2003.

Precepto infrinxido: artigo 51.2º e 4.2º a) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Precepto sancionador: artigo 8.3º do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Sanción imposta: 30.000 A.