Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.376

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (1474/2002).

Isabel Freire Corzo, secretaria da sección terceira da Audiencia Provincial da Coruña, certifica que neste recurso nº 1474/2002, se dictou sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Audiencia Provincial sección terceira da Coruña.

Maxistrados:

Juan Ángel Rodríguez Cardama.

Juan Luis Pía Iglesias.

Rafael Jesús Fernández-Porto García.

Na Coruña, o sete de maio de dous mil tres.

Vistos pola sección terceira da Audiencia Provincial da Coruña, constituída polos señores que á marxe se expresan, os presentes autos de xuízo de cognición núm. 93/2000, que perante ela penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de

Carballo, nos que é parte como apelante Dolores Patiño Rivero, baixo a dirección da letrada Sra. Morros-Sarda M.; e doutra como apelada: Élida Caamaño Álvarez, baixo a dirección do letrado Sr. Canedo Ramos, e en situación procesual de rebeldía herdeiros de Pedro Caamaño; versando os autos sobre acceso á propiedade (arrendamento rústico histórico).

Decidimos que estimando, en canto se infira a seguir, o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada pola xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, no xuízo arrendaticio rústico a que se refire a presente peza, de acceso á propiedade, revógase a dita resolución e, en consecuencia, sen dar lugar á aducida expresión por falta de litisconsorcio pasivo necesario e estimando, en parte, a demanda interposta pola procuradora Sra. Trigo Castiñeira, en nome e representación de Dolores Patiño Rivero, contra Rosa-Élida Caamaño Álvarez e demais herdeiros de Pedro Caamaño, dos que compareceron Pedro José Francisco Caamaño García, Estrella-Lourdes Canedo Caamaño e María del Carmen Caamaño Ramos, declárase que a demandante ten dereito a acceder á propiedade dos predios que leva en arrendamento, descritos no feito primeiro da demanda, a excepción da porción de tres mil metros cadrados abranguida na parcela catastral núm. 106, do polígono núm. 163 do catastro de

rústica do municipio da Laracha, que se recolle no plano no folio 110 dos autos, xunto co informe pericial emitido no proceso, mediante o pagamento do seu prezo á propiedade, que será a cantidade resultante da media aritmética entre a valoración catastral e o valor en venda actual de terras análogas pola súa clase e situación no mesmo termo municipal, que se determinará en execución de sentencia. Sobre custas, aplíquese o disposto no sexto fundamento de dereito desta resolución, que se dá por reproducido.

Así, por esta miña sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e para que a súa publicación no DOG sirva de notificación ós demandados rebeldes herdeiros de Pedro Caamaño, expídese e asínase este edicto na Coruña o doce de maio de dous mil tres.

O secretario

Rubricado