Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.377

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PAZ DE BERGONDO

EDICTO (3/2002).

Eu, Clara M. Martínez Peón, en funcións de secretaria do Xulgado de Paz de Bergondo-A Coruña, dou fe e certifico que nos autos de xuízo de faltas 3/2002 seguidos ante este xulgado se dictou, con data do 3 de xuño do ano que corre, sentencia co encabezamento e resolución que din literalmente así:

«En Bergondo o 3 de xuño de 2003. Vistos por María Magdalena Sánchez Carabel, xuíza do Xulgado de Paz de Bergondo, en xuízo oral e público, estes autos de xuízo de faltas seguidos baixo o número 3/2002 por unha presunta falta de coaccións, no que figura como denunciante Pío Rascón Negreira, e como denunciado Antonio Mosquera Suárez, nos que se dictou a seguinte resolución:

Que debo condenar e condeno a Antonio Mosquera Suárez, como autor dunha falta de coaccións, á pena de multa dun mes cunha cota diaria de 6 euros, que en caso de non pagamento dará lugar a unha responsabilidade pesoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas, que se cumprirá en arresto de fin de semana no penal que corresponda ou, se é o caso, mediante traballos en beneficio da comunidade.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación para ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Betanzos, presentándoo ante este xulgado dentro dos cinco (5) días seguintes ó da súa notificación».

E para que lle sirva de notificación en forma ó denunciado, Antonio Mosquera Suárez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en Bergondo o 11 de xuño de 2003.

Clara M. Martínez Peón

Secretaria

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE MUROS