Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.366

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle dá publicidade á prórroga do acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma galega e as centrais sindicais CSI-CSIF, CIG, UGT, SPJ-USO e CC.OO., con representación entre o persoal da Administración de xustiza destinado nesta comunidade, para a mellora do funcionamento da xustiza no marco do artigo 12 do Real decreto 1909/2000, do 24 de novembro, modificado polo Real decreto 1267/2001, do 29 de novembro.

A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as centrais sindicais representativas do persoal ó servicio da Administración de xustiza, no marco da mesa sectorial de negociación deste colectivo, celebrada o pasado 30 de xuño de 2003, acordaron a prórroga do acordo asinado con data 28 de xuño de 2001, entre a Administración da Comunidade Autónoma galega e as centrais sindicais CSI-CSIF, CIG, UGT, SPJ-USO e CC.OO., onde se fixaron determinados programas de actuación e a correlativa contraprestación retributiva no marco do artigo 12 do Real decreto 1909/2000, do 24 de novembro, modificado polo Real decreto 1267/2001, do 29 de novembro.

A prórroga do acordo terá unha vixencia de 1 de xullo ó 31 de decembro de 2003, nos termos reflectidos no seguinte anexo.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2003.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

ANEXO

Prórroga do acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma galega e as centrais sindicais CSI-CSIF, CIG, UGT, SPJ-USO e CC.OO., con representación entre o persoal da Administración de xustiza destinado nesta comunidade, para a mellora do funcionamento da xustiza no marco do artigo 12 do Real decreto 1909/2000, do 24 de novembro, modificado polo Real decreto 1267/2001, do 29 de novembro.

Por Real decreto 2397/1996, do 22 de novembro, prodúcese o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de medios persoais ó servicio da Administración de xustiza, funcións e servicios que asume a Comunidade Autónoma por Decreto 438/1996, do 20 de decembro, asignándollas á Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, con efectividade do primeiro de xaneiro de 1997.

O aspecto retributivo deste persoal está regulamentado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, e mais polo Real decreto 1909/2000, do 24 de novembro, modificado polo Real decreto 1267/2001, do 29 de novembro, polo que se fixa o complemento de destino dos funcionarios dos corpos de médicos forenses, técnicos facultativos do Instituto de Toxicoloxía, oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, técnicos especialistas, auxiliares de laboratorio do Instituto de Toxicoloxía e axentes de laboratorio a extinguir do Instituto de Toxicoloxía.

O vixente artigo 12 do Real decreto 1909/2000, do 24 de novembro, polo que se fixa o complemento de destino dos funcionarios implicados, modificado polo Real decreto 1267/2001, do 29 de novembro, establece que, polo cumprimento de obxectivos establecidos nos programas concretos de actuación que determine, como sería o caso, o órgano equivalente á Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma con competencias asumidas, poderán percibir ata un máximo de 16 puntos mensuais. Estes programas determinaranse trala negociación coas organizacións sindicais máis representativas e asociacións profesionais, oído o Consello Xeral do Poder Xudicial, e dentro das cantidades asignadas orzamentariamente para estes.

O cumprimento dos programas esixe o establecemento dunha serie de obxectivos concretos, tales como sobrecargas de traballo, diminución de atrasos, posta en marcha de proxectos informáticos, atención ó público nas linguas propias das comunidades autónomas, así como outros que poidan establecerse necesarios para a consecución daqueles, que poderán cifrarse ou non na realización dunha maior xornada e que serán avaliados mensual, trimestral ou semestralmente.

Ó abeiro desta normativa, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as centrais sindicais representativas do persoal ó servicio da Administración de xustiza asinaron con data do 28 de xuño de 2001 un acordo destinado á mellora do funcionamento da xustiza no marco do artigo 12 do Real decreto 1909/2000, do 24 novembro, con vixencia ata decembro do ano 2002, e prórroga durante os primeiros seis meses do ano 2003, prazo durante o que se negociaría un novo acordo.

Conforme con esta última previsión no ámbito da Mesa Sectorial de Negociación, a Administración e as organizacións sindicais con presencia nela,

ACORDAN:

Primeiro.-Prorroga-lo acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma galega e as centrais sindicais CSI-CSIF, CIG, UGT, SPJ-USO e CC.OO., con representación entre o persoal da Administración de xustiza destinado nesta comunidade, para a mellora do funcionamento da xustiza no marco do artigo 12 do Real decreto 1909/2000, do 24 de novembro, modificado polo Real decreto 1267/2001, do 29 de novembro; acordo ó que se lle deu publicidade por Resolución do 28 de xuño de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de xullo.

Segundo.-A vixencia temporal da prórroga do acordo será do 1 de xullo ó 31 de decembro de 2003, e respectaranse todos e cada un dos programas de actuación e compromisos reflectidos no texto agora prorrogado.

Terceiro.-As partes asinantes asumen o compromiso de negociar, antes da finalización do presente ano, un novo acordo que comprenda o período que vai do 1 de xaneiro de 2004 ata a entrada en vigor do futuro complemento específico previsto na reforma da Lei orgánica do poder xudicial, actualmente en trámite parlamentario.

Cuarto.-Na próxima negociación serán revisadas á alza as cantidades retributivas devengadas por estes programas.

Quinto.-Na nova negociación preveranse programas concretos de actuación; estes programas retribuirán, entre outras medidas, a prestación temporal do servicio nos diferentes órganos xudiciais polos funcionarios destinados nos servicios comúns de apoio dependentes dos decanatos, ou o plan de apoio ós xulgados do penal, etc.

Sexto.-Por último, de non se acadar un acordo novo antes do 31 de decembro de 2003, a presente prórroga estendería os seus efectos de xeito automático ata a sinatura daquel, ou, de producirse antes, ata a entrada en vigor do complemento específico que deseña o proxecto de Lei orgánica do poder xudicial, actualmente en trámite parlamentario.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2003.

Pola Administración autonómica:

Jesús Carlos Palmou Lorenzo, conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local.

Polas organizacións sindicais asinantes:

UGT: Pedro Galán Horro.

CC.OO.: Ángel Garmendía Díaz.

CIG: Delmiro Durán Garrido.

CSI-CSIF: Manuel Díaz Mato.

SPJ-USO: Manuel Pena Rivadulla.