Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.356

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Puleva Food, S.L. (para o seu centro de traballo de Nadela, Lugo).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Puleva Food, S.L (para o seu centro de traballo de Nadela) (código 2700582), da provincia de Lugo, asinado o día 11 de decembro de 2002, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e eepósito de convenios colectivos de traballo, esta delegacion provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 8 de xaneiro de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Puleva Food S.L.

Convenio colectivo para o seu centro de traballo de Nadela (Lugo)

Anos 2002, 2003 e 2004

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta ó centro de traballo que, rexéndose pola lexislación laboral vixente, ten Puleva Food, S.L., en Nadela (Lugo), ou calquera outro que, no futuro, puidera ter nesta provincia.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Comprende a todo o persoal de cadro de persoal nas súas distintas categorías profesionais, excepto, para efectos de política salarial e de xornada, os cargos directivos de director de planta e xefes dos diferentes departamentos da planta (Producción, Aprovisionamento, Laboratorio, Mantemento, Loxística, e Organización e Recursos Humanos).

Artigo 3º.-Duración.

Estipúlase un prazo de duración de tres anos, ou sexa ata o 31 de decembro de 2004, pactándose de común acordo que, con antelación de tres meses á data de expiración, considérase automaticamente denunciado.

Artigo 4º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o día primeiro de xaneiro de 2002, calquera que sexa o día da súa sinatura, estendendo esta vixencia ata o 31-12-2004, salvo naqueles artigos en que expresamente se estableza outra vixencia.

Artigo 5º.-Incrementos pactados no convenio.

Este convenio ten pactadas unhas melloras económicas e sociais, que se aplicarán con efectos de 1-1-2002 (salvo para aquelas en que expresamente este convenio estableza outra cosa), independentemente da data na que se produza a sinatura do convenio colectivo, sobre os seguintes conceptos salariais:

-Salario base.

-Complemento convenio de orixe.

-Complemento convenio.

-Complemento persoal.

-Axuda escolar.

-Quebranto moeda.

-Complemento domingos e festivos.

-Prima festivos.

-Complemento sábados.

-Complemento festivos.

-Complemento sábados.

-Complemento nocturnidade.

-Tales incrementos serán:

-Ano 2002: IPC real + 1,25%.

-Ano 2003: IPC real + 1,25%.

-Ano 2004: IPC real + 1,25%.

En cada un dos anos tomarase como referencia a previsión do IPC que formule o goberno en xaneiro, procedéndose, se é o caso, á oportuna regularización, unha vez coñecido o IPC real do ano.

Artigo 6º.-Facultade de compensación.

Tódalas condicións superiores ás mínimas legais ou regulamentarias de carácter individual e colectivo, calquera que fora a súa orixe, que estean vixentes na empresa na data de iniciarse a aplicación deste convenio, poderán ser compensadas coas melloras que nel se establecen.

Artigo 7º.-Facultade de absorción.

As melloras económicas e de traballo que se implantan en virtude deste convenio serán absorbibles ata onde alcance, cos aumentos ou melloras que poidan establecerse mediante disposicións legais, regulamentarias ou pactos de carácter xeral.

Capítulo II

Clasificación profesional e réxime retributivo

Artigo 8º.-Clasificación profesional.

Con obxecto de adecua-la clasificación profesional do persoal da empresa á que afecta este convenio, establécese a clasificación por grupos profesionais, segundo a táboa correspondente. As categorías profesionais consignadas son puramente enunciativas e non obrigan a ter cubertas tódalas categorías enumeradas, se a necesidade non o require.

Artigo 9º.-Estructura salarial.

Está constituída polos seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) Complemento convenio de orixe.

c) Complemento convenio.

d) Complemento persoal.

Artigo 10º.-Salario base.

Establécese un salario base por categorías, cuns importes que se indican no anexo I.

Artigo 11º.-Complemento convenio.

Establécese un complemento convenio por categorías, cuns importes que se indican no anexo II.

Artigo 12º.-Complemento persoal.

Establécese un complemento persoal, cuns importes que figuran en cadro á parte.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

Percibiranse tres gratificacións extraordinarias anuais, as cales se farán efectivas os meses de marzo (día 31), xullo (día 20) e decembro (día 20), consistentes cada unha en trinta días de salario base (táboa correspondente anexo I), mailo complemento convenio de orixe que cada traballador posúa.

Artigo 14º.-Complemento convenio de orixe.

A cantidade que perciben os traballadores por este concepto incrementarase en cada un dos tres anos de vixencia do convenio, ademais das contías previstas no artigo 5, nun 1,65% adicional, todo iso de acordo co pactado no convenio colectivo para os anos 1997 e 1998.

O importe do complemento convenio de orixe de cada traballador figura no anexo III.

Artigo 15º.-Quebranto de moeda.

O caixeiro e o auxiliar de caixa percibirán mensualmente, en concepto de quebranto de moeda, a cantidade de 17,90 euros.

Artigo 16º

A empresa completará a diferencia das prestacións económicas da Seguridade Social, desde o 1º día da baixa de enfermidade ata o día 18, ambos inclusive, o 75%, e do 19 día en adiante o 100%, dos conceptos salariais seguintes:

-Salario base.

-Complemento convenio de orixe.

-Complemento convenio.

-Complemento persoal (nos casos en que proceda).

Que teña devengado no mesmo mes a que corresponda o pagamento.

En caso que as prestacións da Seguridade Social, ou Mutua, foran superiores ós conceptos salariais referidos anteriormente, manteranse os importes das ditas prestacións.

Se o índice de absentismo da planta fora inferior ó 3%, completarase o 100% desde o día décimo quinto da baixa.

En caso de hospitalización ou accidente laboral, este complemento percibirase desde o primeiro día da baixa.

Para realiza-lo pagamento do dito complemento xustificarase a baixa e a alta nos modelos oficiais estendidos pola asistencia médica da Seguridade Social, ou Mutua, ata o paso da invalidez permanente e depender do INSS.

Capítulo III

Xornada -Horas extras -Vacacións -Excedencias

Artigo 17º.-Xornada.

A duración da semana ordinaria de traballo será de 40 horas.

Na xornada continuada acórdase efectuar un descanso intermedio de 20 minutos, que se aboará como tempo de traballo, pero que en ningún caso se sumará para o cómputo de horas extraordinarias, para os efectos dos límites máximos legais.

O momento de desfruta-lo descanso intermedio referido será sinalado polos encargados ou xefes de sección, de acordo coas necesidades do servicio, debendo iniciarse dentro do tercio central da xornada.

Artigo 18º.-Quendas.

A quenda de noite realizarase sempre que a dirección da empresa, por razóns de producción ou forza maior, o estime necesario, e logo de acordo co comité de empresa, indicando as razóns para a súa realización, seccións afectadas e tempo de implantación.

Sempre que a quenda de noite se prorrogue por máis dunha semana, a dita quenda será rotativa, e ningún operario estará non máis de dúas semanas consecutivas, salvo adscrición voluntaria. O traballador que estea en quenda de noite, cando esta sexa suprimido, incorporarase á súa quenda habitual ó día seguinte, computando 40 horas semanais.

Establécese como quenda de noite as horas traballadas entre as 10.00 da noite e as 6.00 da mañá.

O disposto neste artigo enténdese sen prexuízo dos acordos existentes (con data do 23 de novembro de 1993), ou que se poidan establecer en materia de cadro horario e quendas de traballo.

Artigo 18º bis

Nos casos en que, dentro dunha mesma semana, coincidan dous días festivos consecutivos, ou festivo o venres (sen que un deles coincida en sábado), traballarase as quendas que se propoñan pola empresa nun dos dous días, sempre e cando a empresa non teña capacidade de recepción da recollida propia ou de terceiros habituais nese momento, designándose o dito día de acordo co comité de empresa.

Para os efectos deste artigo, terán a consideración de festivos, ademais dos domingos, os días que sexan decretados como tales polo Estado, a Comunidade Autónoma ou o respectivo concello.

Nos restantes casos de festivos, o comité de empresa prestará a súa colaboración para consegui-la boa marcha da producción.

Artigo 19º.-Complementos de sábados, domingos e festivos.

Terán un complemento económico de 3,27 euros/hora, dentro da súa xornada habitual, mailo descanso compensatorio na semana seguinte.

En caso de prolongación de xornada ou por imposibilidade de descansalas, computaranse como horas extraordinarias.

Así mesmo, terán un complemento de 3,17 euros/hora durante a quenda de noite.

Artigo 19º bis.-Complemento sábados.

Complemento sábados. Aboarase unha prima ó persoal que traballe nas seccións de recepción e laboratorio, os sábados en horario de 14.00 a 22.00 horas (e mantemento de 9.00 a 17.00 horas), por un importe de 16,24 euros por día de traballo. Con independencia do descanso compensatorio.

Complemento sábados (2). Aboarse unha prima ó persoal que traballe nas seccións de recepción, servicios auxiliares, laboratorio e elaboracións, os sábados en horario de 10.00 a 22.00 horas, por un importe de 21,27 euros por día de traballo. Con independencia do descanso compensatorio.

Este complemento non se aplicará cando se programe producción en sábado, neste caso considerarase como horas extraordinarias.

Artigo 20º.-Horas extras.

Con obxecto de fomentar unha política social para a creación de emprego, acórdase a supresión das horas extraordinarias habituais.

Establécese a posibilidade de realizar horas extraordinarias estructurais, para atender necesidades urxentes ou imprevistas de producción ou mantemento.

Semanalmente informarase ó comité de empresa sobre as horas extraordinarias realizadas na semana anterior.

As horas extraordinarias que propoña a empresa serán de libre aceptación polos traballadores, salvo nos casos de forza maior.

O traballador poderá optar entre cobra-las horas extraordinarias ou compensalas por tempo de descanso a razón de 1,75 por hora extraordinaria. A prolongación da xornada será computada como hora extraordinaria.

As horas extraordinarias aboaranse calculadas co 75% de incremento sobre o salario hora individual (SHI) que se determinará de acordo coa seguinte fórmula:

SB + complemento convenio de orixe

SHI= ------------------------------------------------

1.793

O salario base e o complemento convenio de orixe calcularanse en valores anuais.

Artigo 21º.-Complemento festivos.

Aboarase unha prima de domingos ou festivos, cando a maior parte da xornada se desenvolva entre as seis horas do domingo e festivo e as seis horas do día seguinte. Con independencia do descanso

compensatorio correspondente, o seu importe será de 17,99 euros por día traballado.

Artigo 21º bis.-Prima festivos.

Prima festivos.-Aboarase unha prima ó persoal que traballe nas seccións de recepción e laboratorio, os domingos e festivos, en horario de 14.00 a 22.00 horas (e mantemento de 10.00 a 18.00 horas), por un importe de 50,29 euros por día de traballo. Con independencia do descanso compensatorio.

Prima festivos (2).-Aboarase unha prima ó persoal que traballe nas seccións de recepción, servicios auxiliares, laboratorio e elaboracións, os domingos e festivos, en horario de 10.00 a 22.00 horas, o importe será de 84,37 euros por día de traballo. Con independencia do descanso compensatorio.

Este complemento non se aplicará cando se programe producción en domingos e festivos, neste caso considerarase como horas extraordinarias.

Artigo 22º.-Vacacións.

Todo o persoal da empresa, sen distinción de categoría profesional, desfrutará de 30 días naturais de vacacións, se no período concreto de desfrute de vacacións coincidira algunha das 14 festas laborais anuais, non se computará dentro dos 30 días naturais.

As vacacións desfrutaranse nun só período continuado. Sen embargo, poderase pacta-lo desfrute das vacacións en dous períodos, quedando á discreción da dirección o atender peticións para distribuílas en fraccións inferiores a dúas semanas.

Considerarase como período para o desfrute das vacacións os doce meses do ano, confeccionándose os correspondentes calendarios. A asignación terá carácter rotatorio, co fin de que cada traballador, de ano en ano, poida desfrutalas correlativamente nas quendas que se establezan.

Durante os días de vacacións percibirase:

a) Salario base.

b) Complemento convenio de orixe.

c) Complemento convenio.

d) Complemento persoal (nos casos en que proceda).

Cando o concreto período de desfrute de vacacións non coincida coas datas de 1 de xuño a 30 de setembro; 21 a 31 de decembro e 1 a 6 de xaneiro, todos eles inclusive, así como a Semana Santa e a seguinte posterior, o importe de complemento convenio que lle corresponda percibir ó traballador incrementarase nun 40% máis, durante os días de vacacións que non coincidan coas citadas datas.

Artigo 23º.-Permisos regulamentarios.

O traballador, logo de aviso e xustificación en legal forma, terá dereito a licencia, con remuneración salarial, por algún dos motivos e coa duración máxima seguinte:

a) Por contraer matrimonio: 15 días naturais.

b) Por nacemento de fillos: 3 días laborables.

c) Por falecemento ou enfermidade moi grave de parente en primeiro grao de consanguinidade: 4 días naturais. Se o feito tivera lugar en distinta provincia á de residencia do traballador, a licencia ampliarase a 6 días. Por falecemento ou enfermidade moi grave de parente en primeiro grao de afinidade ou segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días naturais. Se o feito tivera lugar en distinta provincia á de residencia do traballador, a licencia ampliarase a 5 días naturais.

Este punto tamén será aplicado ás persoas que convivan co traballador como parella estable nun tempo non inferior a dous anos, e sempre que, previamente, o teña comunicado á empresa.

d) Por traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

e) Por necesidade de atender persoalmente asuntos propios de xustificada urxencia: 3 días naturais.

f) Polo tempo indispensable que precise o traballador para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando este se determine nunha norma legal, haberá que aterse ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

g) Exames.-Polo tempo estrictamente indispensable, cando curse estudios e deba someterse a exames, logo de xustificación escrita ante a empresa.

h) Falecemento de cónxuxe: 5 días naturais.

Artigo 24º.-Excedencias.

Nesta materia, haberá que aterse ó disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e a a Lei orgánica de liberdade sindical, no seu artigo 9 b).

A excedencia por maternidade de 1 a 3 anos, dará dereito á reserva do posto de traballo.

Artigo 25º.-Vivendas.

a) Con obxecto de axudarlles ós seus traballadores á adquisición de vivenda en propiedade, a empresa ten asignado un fondo económico de 13.522,77 euros, para a prestación de anticipos persoais na contías de 3.606,07 euros por traballador, sen percepción de xuros e con devolucións mensuais e consecutivas equivalentes ó dez por cento do importe neto percibido por tódolos conceptos, tomando como base a media dos seis meses anteriores á data de concesión, e engadíndose, se é o caso, os descontos que se tiveran aplicado por anticipos persoais, faltas inxustificadas, suspensións de emprego e soldo ou falta de liquidación. En todo caso, os préstamos de vivenda deberán ser cancelados no prazo máximo de corenta e seis meses.

b) Sempre que o fondo teña unha cantidade superior a 6.010,12 euros, poderanse conceder axudas de ata 3.005,06 euros para arranxo da vivendas, para devolver en dezaoito meses.

Artigo 26º.-Axudas a diminuídos.

Como prestación complementaria da Seguridade Social, a empresa aboará unha axuda de 75,13 euros mensuais ós traballadores, por cada fillo a seu cargo que sexa diminuído físico, psíquico ou sensorial. A cualificación de tales incapacidades será automática nos casos en que así foran recoñecidos pola Seguridade Social. Noutro suposto, deberá acreditarse suficientemente, mediante as oportunas certificacións ou recoñecementos médicos.

Artigo 27º.-Seguro de vida colectivo.

Co fin de beneficiar a tódolos seus traballadores cunha medida de previsión a favor dos familiares a cargo daqueles, a empresa ten concertado un seguro de vida colectivo, no que quedan obrigatoriamente integrados tódolos seus traballadores. O dito seguro rexerase polas seguintes normas:

a) Os traballadores de novo ingreso causarán alta como asegurados o mesmo día da incorporación á empresa.

b) Quedan incluídos no seguro, os traballadores que expresamente sexan contratados con carácter temporal, en calquera das súas modalidades.

c) Os productores que se incorporen ó servicio militar, causarán baixa no seguro transitoriamente mentres no se produza a súa reincorporación á empresa unha vez licenciados, neste momento automaticamente, volverán a estar en activo como asegurados.

d) Non existirá previo recoñecemento médico, nin haberá limitacións de idade.

e) En caso de invalidez permanente absoluta por accidente ou enfermidade, ou falecemento por calquera causa, os afectados poderán cobra-lo capital asegurado.

f) En caso de morte por accidente, pagarase ó beneficiario o dobre do capital asegurado.

g) En caso de morte por accidente de circulación, pagarase ó beneficiario o triple do capital asegurado.

h) O capital asegurado para todo o persoal ascende a 12.020,24 euros.

i) Causarase baixa ó producirse o cesamento definitivo na empresa.

Artigo 28º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda para a formación escolar dos fillos dos traballadores en idades comprendidas entre os 5 e os 19 anos, ámbalas dúas incluídas, con excepción dos que se atopen traballando.

Por conseguinte, será indispensable, para os que teñan 16, 17, 18 e 19 anos, acreditar documentalmente que se encontran matriculados nun centro escolar.

A súa contía será de 12,80 euros mensuais por fillo, durante os meses de setembro a xuño, ambos inclusive.

Capítulo IV

Formación profesional-Promoción

Artigo 29º.-Formación profesional.

A dirección da empresa establecerá un plan de formación, co obxectivo de proporcionar ó persoal, en tódolos seus niveis, e na medida do posible, de forma paulatina, os coñecementos adecuados para a realización das súas funcións e o seu desenvolvemento profesional.

Decididos os plans de formación, e previamente á súa implantación, solicitarase dos correspondentes comités de empresa o informe que se determine no

Para o persoal da empresa que realice cursos non contemplados nos plans de formación, en centros oficiais, para a obtención de coñecementos profesionais que teñan relación directa coas actividades da empresa e unha aplicación efectiva, a medio ou longo prazo, nesta, establécese unha axuda económica consistente no pagamento do 50% dos custos de matrícula e textos, debidamente xustificados. En caso de repetición de curso ou materia, esta axuda será do 25% do curso ou materia repetidos.

Esta axuda solicitarase a través do xefe de organización e recursos humanos da planta, achegando a xustificación de formalización da matrícula do centro de que se trate.

Artigo 30º.-Selección e promoción.

A selección de persoal de novo ingreso e a promoción serán competencia exclusiva da dirección da empresa, logo de comunicación motivada ó comité de empresa.

A dirección da empresa fará pública a convocatoria das vacantes para os efectos de que calquera traballador poida optar a elas.

Capítulo V

Saúde laboral

Artigo 31º

1. A dirección da empresa e os representantes dos traballadores coinciden en afirma-la importancia que ten o estricto cumprimento do conxunto da normativa en materia de prevención, hoxe articulada de acordo coa Lei de prevención de riscos laborais, de 8-11-1995, sobre a base de considerar que a integridade física do traballador é un ben supremo e irrenunciable.

Por iso, manifestan a súa total disposición a colaborar lealmente en procurar este obxectivo común, no ámbito das súas respectivas responsabilidades.

2. O centro de traballo de Nadela contará con dous delegados de prevención, que serán designados de entre os membros do comité de empresa, e a quen corresponderá:

-Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

-Promover e fomenta-la cooperación dos traballadores na execución da normativa sobre prevención de riscos laborais.

-Ser consultados pola dirección da empresa, con carácter previo á súa execución, sobre as decisións a que se refire o artigo 33 da Lei de prevención de riscos laborais.

-Exercer un labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais, podendo, para tal efecto, inspeccionar tódolos lugares de traballo, emitir informes e propoñer solucións, podendo contar, para tal fin, con asesores expertos alleos á empresa.

-Os delegados de prevención disporán dun crédito de 40 horas retribuídas anuais para asistir a cursos de formación en materia de saúde laboral. A dirección da empresa esixirá, en todo caso, os oportunos xustificantes de asistencia.

3. No centro de traballo de Nadela existirá un comité de seguridade e saúde, integrado polos dous delegados de prevención, dunha parte, e por dous representantes da dirección, designados polo director de organización e recursos humanos da empresa.

Nas reunións do comité de seguridade e saúde participarán, con voz pero sen voto, os responsables técnicos de prevención na empresa que no estean incluídos na composición do comité de seguridade e saúde.

Este comité terá as seguintes competencias:

Participar na elaboración, posta en práctica, avaliación dos plans e programas de prevención de riscos na empresa.

Promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos, propoñendo á empresa a mellora das condicións ou a corrección das deficiencias existentes.

O comité reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións deste.

Capítulo VI

Representación dos traballadores

Artigo 32º.-Comité de empresa e delegados de persoal.

Nesta materia, haberá que aterse ó disposto no título segundo do Estatuto dos traballadores.

A empresa pagará os viaxes e as axudas de custo, na forma que ten establecida, cando algún membro do comité e delegados sindicais, en representación deste, teña que desprazarse do seu lugar habitual de residencia, para asistir a reunións, sobre temas relacionados coa propia empresa e convocadas polos sindicatos máis representativos a nivel estatal ou autonómico ou con representación no comité, dirección da empresa ou administración.

Acórdase a posibilidade de acumula-lo crédito de horas mensuais que concede o artigo 68 e) do Estatuto dos traballadores ós representantes legais destes, podéndose ceder entre representantes dunha

mesma planta que se presentaran a eleccións cunhas mesmas siglas ou candidaturas, se é o caso.

Para iso, os cedentes comunicaranlle ó xefe de Organización e Recursos Humanos de cada centro o nome de representante ou representantes ós que ceden as súas horas no mes seguinte ou vindeiros, sendo esta cesión de carácter permanente ata que polo propio cedente se revoque ou modifique, mediante comunicación dirixida ó xefe de Organización e Recursos Humanos do seu centro, con cinco días de antelación mínima á data dos seus efectos.

O comité de empresa poderá solicitar para temas concretos e específicos en que precise asesoramento técnico dunha central sindical, que por representantes desta se poida acceder ós locais e dependencias dese centro, sen entorpecemento da producción, responsabilizándose da obrigada reserva e sixilo profesional por parte da central sindical.

Artigo 33º.-Seccións sindicais.

O funcionamento das seccións sindicais no ámbito da empresa, axustarase ó disposto no artigo 10 da Lei 11/1985, do 2 de agosto, Lei orgánica de liberdade sindical. Recoñécese o delegado sindical no centro de traballo.

Son dereitos dos indicados delegados sindicais os seguintes:

a) Asistir ás reunións de comité de empresa e asembleas dos traballadores.

b) Dereito de publicación e información, nos espacios dedicados para iso, dos asuntos propios do sindicato ou central sindical.

c) Dereito a libre promoción da afiliación e recollida de cotas dos seus afiliados, mediante a retención destas pola propia empresa, co requisito previo de que se solicite así por escrito por cada afiliado. A deducción, en todo caso, efectuarase mentres no exista comunicación escrita en contrario do afiliado e/ ou o sindicato.

d) Dereito a ser informado previamente sobre as reestructuracións da cadro de persoal, cerre de empresa ou suspensións temporais de contratos, reduccións de xornadas, traslados de instalacións da empresa e, en xeral, sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente ós intereses dos traballadores. Igualmente, deberá ser informado sobre a implantación ou revisión de sistemas da organización do traballo e de calquera das súas posibles consecuencias.

e) En caso de no coincidi-la súa condición coa de membro do comité de empresa, disporá dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funciones, igual ó asignado a cada uno dos membros do comité.

Por cesión de outros membros do comité de empresa, afiliados a unha mesma central sindical na planta a que pertence, poderá acumular ó seu favor do crédito de horas mensuais que tivesen asignados aque

les coa mesma facultade que estes respecto á acumulación de horas.

Gozará de idénticas garantías sindicais ás asignadas pola lei ós membros do comité de empresa.

Artigo 34º.-Cota sindical.

Por requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato debidamente implantado, a empresa descontará na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente para tal mester; o traballador dirixiralle á dirección da empresa un escrito, no que expresará con claridade a orde de desconto, o sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta de aforros á que debe ser transferida.

Capítulo VII

Normas supletorias

Artigo 35º.-Comisión paritaria.

Co alcance e funcións previstas no artigo 85.3º e) do Estatuto dos traballadores, desígnase a comisión paritaria, composta por 6 membros titulares e outros 6 suplentes, 3 titulares e 3 suplentes por designación da dirección da empresa, e 3 titulares e 3 suplentes por decisión dos traballadores.

En caso de conflicto colectivo de traballo, as partes deciden, expresamente, someterse ós procedementos do Acuerdo Interprofesional Gallego de Solución Extrajudicial de Conflictos Colectivos de Trabajo (AGA), que xestiona o Consello Galego de Relacións Laborais.

Artigo 36º

Para todo aquelo que, en materia de regulación das condicións de traballo, no se prevexa expresamente neste convenio, ámbalas dúas partes conveñen en aplicar, supletoriamente, as disposicións do convenio colectivo estatal de industrias lácteas e derivados, naquelas das súas disposicións que no sexan incompatibles coa propia actividade desenvolvida por Puleva Food, S.L. -planta de Lugo-. En todo caso, será de aplicación directa ou supletoria o Estatuto dos traballadores.

Artigo 37º

Os festivos de cada ano que coincidan en sábado, desfrutaranse entre semana, logo de acordo coa dirección da empresa; exceptuando o período comprendido entre o 1 de xuño ata o 30 de setembro.

Táboa de clasificación segundo funcións: categorías e definicións:

O persoal que forman o cadro de persoal que ten Puleva Food, S.L., en Nadela (Lugo), clasificarase, en atención á función que desempeña, nalgún dos seguintes grupos profesionais:

1. Persoal directivo.

2. Persoal técnico.

3. Persoal administrativo.

4. Persoal comercial.

5. Persoal subalterno.

6. Persoal obreiro.

1. Persoal directivo.

Defínese como persoal directivo ás persoas que realizan funcións de dirección na empresa cos cargos de presidente, xerente, directores, subdirectores e xefes de planta, no regulados polos convenios colectivos da sociedade correspondente.

2. Persoal técnico.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

-Titulado superior.

-Titulado medio.

-Xefe de fabricación.

-Xefe de sección.

-Encargado.

-Capataz.

-Inspector distrito leiteiro.

-Oficial de laboratorio.

-Auxiliar de laboratorio.

Definicións:

a) Titulados superiores.

Son os que, estando en posesión dun título profesional oficial, de carácter universitario, de escola técnica de grao superior, ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, realizan nesta funcións propias da súa titulación ou coñecementos.

b) Titulados medios.

Son os que, estando en posesión dun título facultativo de escola de grao medio, de escola universitaria ou coñecementos equivalentes na materia recoñecidos pola empresa, desempeñan as funcións propias dos ditos títulos ou coñecementos, baixo a supervisión directa da dirección ou titulados superiores.

c) Xefes de fabricación.

Son os que, baixo a supervisión directa do director de producción, teñen a responsabilidade da planificación, dirección, coordinación e control dos procesos de producción e de mantemento de máquinas e instalacións, establecendo a forma na que debe realizarse o traballo, dirixindo e coordinando ó persoal técnico e encargado da producción e mantemento.

d) Xefes de sección.

Son os que baixo a supervisión directa do director correspondente teñen a responsabilidade da sección, exercendo as funcións de dirección, coordinación e control dos encargados, capataces e operarios da sección, así como das distintas tarefas da sección, observando o funcionamento dos distintos órganos que comprende esta, respondendo da disciplina do persoal, da distribución do traballo, boa execución deste e conservación dos útiles e instalacións.

e) Encargados.

Son os que con coñecementos e experiencia amplos, tanto teóricos como prácticos sobre os procesos productivos, dirixen, coordinan e controlan os traballos de varias liñas de producción, baixo a supervisión directa do xefe de fabricación ou do xefe de sección, son responsables da forma de execución, disciplina do persoal e conservación dos útiles e instalacións ó seu cargo.

f) Capataces.

Son os que con coñecementos e experiencia amplos sobre procesos de almacén de productos terminados e materias auxiliares, baixo a supervisión do seu inmediato superior, e polas súas especiais condicións se lles confíe a dirección dun grupo de traballadores.

g) Inspector de distrito leiteiro.

Son os que realizan funcións de vixilancia e control do servicio de recollida e transporte, estatísticas de producción, toma de mostras, control e asesoramento de gandeiros no mantemento e mellora dos seus medios de producción, gando, cortes, instalacións, etc., e outras funcións que lles poden confia-los seus superiores en relación coa modificación, limpeza, comprobacións de calidades nos distritos leiteiros, como calquera outra específica do seu labor de control e asesoramento.

Colabora cos seus xefes, nas funcións de liquidación e pagamento a gandeiros.

h) Oficial de laboratorio.

Son os que cun coñecemento técnico e práctico, a nivel de formación profesional de 1º ou 2º grao ou coñecementos similares recoñecidos pola empresa, das normas, instrumentos e procesos de análises de laboratorio, realizan toda clase de análises físicas, químicas, ou bacteriolóxicas na empresa e/ ou verifican os procesos de elaboración, producción e de producto terminado, con responsabilidade técnica sobre as análises e verificacións realizadas, baixo a supervisión directa do responsable do laboratorio ou departamento de calidade.

i) Auxiliar de laboratorio.

Son os que con coñecementos técnicos e prácticos mínimos, realizan análises físico-químicas de maneira instrumental e axudan ós oficiais de laboratorio en tarefas sinxelas que poidan ter unha rápida comprobación.

3. Persoal administrativo.

Comprende este grupo as seguintes categorías:

-Xefe de primeira.

-Xefe de segunda.

-Oficial de primeira.

-Oficial de segunda.

-Auxiliares.

-Telefonista.

a) Xefe de primeira.

Son os empregados que, provistos ou no de poderes, baixo a supervisión do director correspondente, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controlar unha ou varias seccións administrativas, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo.

b) Xefes de segunda.

Son os empregados que, provistos ou non de poderes limitados e supervisados por un director ou un xefe de primeira, teñen a responsabilidade de dirixir coordinar e controlar unha sección ou grupos de traballo administrativos, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo entre o persoal que del depende.

Queda incluído nesta categoría o tesoureiro, responsable de caixa.

c) Oficiais de primeira.

Son os empregados que, baixo a supervisión dun xefe de 1ª ou un xefe de 2ª teñen a responsabilidade dun servicio ou función determinada, dentro da cal exercen iniciativa e posúen responsabilidade, con ou sen persoal ó seu cargo, para o que se precisa coñecementos xerais de administración a nivel de F.P.-1 ou similar e coñecementos específicos amplos de servicio ou función correspondente.

Inclúense nesta categoría as funcións de secretaria de dirección, caixeiro, cobros e pagamentos sen sinaturas nin fianza, transcrición de libros oficiais contables, programadores e operadores de informática.

d) Oficiais de segunda.

Son os empregados que teñen iniciativa e responsabilidade restrinxida sobre un servicio ou un conxunto de tarefas administrativas, para as que se precisan coñecementos xerais de administración a nivel de F.P.-1 ou similar e coñecementos básicos sobre as tarefas ou servicio que realizan.

Inclúense nesta categoría profesional os perforistas.

e) Auxiliares.

Son os empregados que realizan tarefas e operacións elementais administrativas, para as que precisan coñecementos básicos administrativos. Poderán así mesmo realizar outras tarefas non burocráticas, tales como pesar, anotar pesos, comprobar existencias, etc.

f) Telefonista.

Son os empregados que teñen como funcións atende-la centraliña telefónica da empresa e recepciona-las chamadas e visitas que cheguen a esta, de acordo coa política que estableza a empresa para estes temas.

4. Persoal comercial.

Este grupo comprende as categorías profesionais seguintes:

-Xefes de vendas.

-Supervisores de vendas.

-Promotor de vendas.

a) Xefe de vendas.

Son os que, baixo a supervisión directa do director de vendas ou comercial, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controla-la acción comercial da empresa nunha ampla zona de mercado, dándolle sentido de unidade, planificando, distribuíndo o traballo ó persoal de vendas que estea ó seu cargo, e animando a xestión de vendas.

Participa co seu xefe inmediato na negociación e establecemento de condicións de vendas con clientes.

Responde da disciplina do persoal ó seu cargo e da boa execución dos traballos que lle asigne.

b) Supervisores de vendas.

Son os empregados que, baixo a supervisión do xefe de vendas, teñen a responsabilidade de coordinar, animar e controla-la acción comercial dun grupo de promotores de vendas, ou área de mercado.

Así mesmo, realizan as funcións de visitar clientes, promover e cerrar vendas, xestionar cobros e operacións morosas, para clientes que pola súa importancia ou por decisión do xefe de vendas, se lle asigne.

Responde da disciplina do persoal e da boa execución dos traballos que lle asigne.

c) Inspectores ou promotores de vendas.

Son os empregados que, baixo a supervisión directa do xefe de vendas ou supervisor, recorren as zonas, rexións ou rutas que se lles asigna co obxecto de realizar visitas a clientes, promover vendas, ofrecer artigos, vixiar a colocación dos artigos nos puntos de venda, así como para controlar e anima-la acción comercial dos repartidores e autovendas, xestionar cobros de operacións morosas ou calquera outra misión que se lles encomende relacionada coa venda e distribución dos productos.

Cando permanezan no centro de traballo, poderán empregarse en tarefas de estatística, controis diversos ou traballos similares.

5. Persoal subalterno.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

-Almaceneiro.

-Controlador.

-Vixilante.

a) Almaceneiro.

Son os operarios que teñen a responsabilidade da recepción de mercancías e despacho de productos, coas operacións complementarias de medición, pesada, colocación en estantes, etc., así como o rexistro e control de existencias permanente e movemento diario de mercadorías e productos.

b) Controlador.

Son os operarios que teñen a responsabilidade de controlar e vixia-la carga e descarga de productos

terminados que diariamente se efectúa ó persoal de reparto e distribución, así como de rexistrar e controla-las existencias permanentes e movemento diario de almacén de productos rematados e cámara de frío.

c) Vixiante.

Son os traballadores que teñen a responsabilidade de vixia-las instalacións da empresa, coidar os accesos a esta, controlando as entradas e saídas de persoas, materias primas, logo de pesada destas, realizando as tarefas de custodia e vixilancia, de acordo coas instruccións recibidas dos seus superiores.

6. Persoal obreiro.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

-Peóns.

-Peóns especializados.

-Especialistas de terceira.

-Especialistas de segunda.

-Especialistas de primeira.

-Oficiais de terceira de oficios varios.

-Oficiais de segunda de oficios varios.

-Oficiais de primeira de oficios varios.

a) Peóns.

Son os operarios que realizan labores para a execución dos cales soamente se require a práctica operatoria previa.

b) Peóns especializados.

Son os operarios que realizan traballos concretos e determinados, para os que se require capacidade de atención, aptitudes físicas adecuadas e certa destreza operatoria, pero sen constituí-lo coñecemento dun oficio.

Entre estes postos poden comprenderse: embalar, preparar lotes e palets de productos, pesar mercadorías, etc.

c) Especialistas.

Comprende esta categoría nas súas tres clasificacións de primeira, segunda e terceira, aqueles operarios que, despois dun determinado período de práctica e adestramento, realizan as tarefas e operacións do proceso industrial de producción.

A clasificación de primeira, segunda e terceira establécese en función do nivel de coñecementos necesarios, complexidade, dificultade e responsabilidade das operacións que realice, así como do número de tarefas diferentes que ha de realizar dentro do proceso productivo.

Neste sentido, a clasificación corresponderase coas definicións seguintes:

Especialista de terceira.-Son os operarios que coñecen e realizan unha operación de proceso indus

trial e están á fronte dunha máquina, respondendo do funcionamento desta. Considéranse dentro desta categoría os seguintes postos:

-Lavadora de cesto.

-Control visual de vidro.

Especialista de segunda.-Son os operarios que coñecen e realizan varias operacións de procesos e están á fronte de máquinas con certa complexidade (axustes, verificacións, envases, montaxes, etc.), respondendo do funcionamento destas. Considéranse dentro desta categoría os seguintes postos:

-Encaixonadora e paletizadora automática.

-Elaboración (primeiro tratamento).

-Conductores de carretilla.

-Carga, descarga e limpeza de cisternas.

Especialista de primeira.-Son os operarios que coñecen e realizan as operacións e tarefas de maior complexidade e que requiren maior destreza en todo o proceso productivo. Considéranse dentro desta categoría:

-Elaboración (segundo tratamento).

-Elaboracións de iogur, pasteurizada, aséptico, queixo fresco, sobremesa, tona, manteiga, etc.

-Envasado dos productos anteriores.

-Caldeiras e compresores (sección de vapor e frío).

-Esterilización vidro.

-Desecados (torre).

d) Oficiais.

Son os operarios que, tendo realizado nas condicións legais establecidas, a aprendizaxe dun oficio determinado, desempeñan as funcións propias del.

Quedan comprendidos neste grupo os conductores de recollida, distribución, e turismo, mecánicos, electricistas, carpinteiros, albaneis, soldadores, etc.

Os operarios encadrados neste grupo de oficios varios clasifícanse nas seguintes categorías:

Oficiais de terceira.-Son os operarios que realizaron a aprendizaxe dun oficio e non alcanzaron os coñecementos e experiencia necesarios para executa-los traballos coa corrección esixida a un oficial de segunda.

Oficiais de segunda.-Son os operarios que realizan con adecuada corrección os traballos do seu oficio, pero sen posuír unha especialización que lles permita realiza-los traballos máis complexos con perfección.

Encóntranse nesta categoría os conductores de distribución e recollida con menos de tres toneladas e media de carga.

Oficiais de primeira.-Son os operarios que, posuíndo un oficio, practícano e aplican con alto grao de perfección, realizando traballos de carácter xeral e de carácter especializado no seu oficio.

Considéranse encadrados nesta categoría os conductores de distribución e recollida con tres e media ou máis toneladas de carga.

Se algún posto no estivese recollido neste documento por ser de nova creación ou modificación, clasificaríase de acordo cos criterios aquí establecidos, polo comité coordinador estatal e a dirección do grupo, logo de informe dos representantes dos traballadores e dirección da empresa correspondente.

ANEXO I

Táboa indicativa de salario base

de xaneiro a decembro 2002

CategoríaEuros/mes

Grupo técnico
Técnico superior1.157,49
Técnico tit. medio1.053,42
Xefe de sección969,46
Encargado903,06
Capataz892,22
Inspector distrito leiteiro848,12
Oficial de laboratorio830,24
Auxiliar de laboratorio739,60

Grupo administrativo
Xefe 1ª de administ.1.053,42
Xefe 2ª de administ.1.002,13
Oficial 1ª de administ.892,22
Oficial 2ª de administ.830,24
Auxiliar administrativo739,60
Telefonista739,60

Grupo comercial
Xefe de vendas969,46
Inspector rex. de vendas892,22

Grupo subalterno
Almaceneiro779,43
Vixilante739,60

Grupo obreiro
Especialista 1ª776,73
Especialista 2ª765,81
Especialista 3ª756,31
Peón especialista745,06
Peón 691,81
Oficial 1ª O.V.776,73
Oficial 2ª O.V.765,81
Oficial 3ª O.V.756,31

ANEXO II

Táboa indicativa de complemento convenio

de xaneiro a decembro 2002

CategoríaEuros/mes

Grupo técnico
Técnico superior422,77
Técnico tit. medio385,02
Xefe de sección385,02
Encargado341,44
Capataz297,57
Inspector distrito leiteiro267,76
Oficial de laboratorio256,95
Auxiliar de laboratorio141,02

Grupo administrativo
Xefe 1ª de administ.385,02
Xefe 2ª de Administ.311,24
Oficial 1ª de administ.277,34
Oficial 2ª de administ.255,73
Auxiliar administrativo141,02
Telefonista234,10

CategoríaEuros/mes

Grupo comercial
Xefe de vendas291,94
Inspector rex. de vendas256,95

Grupo subalterno
Almaceneiro277,34
Vixilante162,65

Grupo obreiro
Especialista 1ª277,34
Especialista 2ª255,73
Especialista 3ª233,97
Peón especialista215,42
Peón 86,96
Oficial 1ª O.V.277,34
Oficial 2ª O.V.255,73
Oficial 3ª O.V.233,97

ANEXO III

Táboa indicativa do complemento convenio

de orixe de xaneiro a decembro 2003

CódigoApelidos e nomeEuros/mes

5009Digón Gómez, Mª Concepción157,87
5021Besteiro López, Concepción277,31
5024Villamor Corral, Antonio296,60
5031Carreira Varela, Manuel265,30
5033López Real, Julio288,57
5036Núñez Darriba, Manuel248,18
5038Burgos Abel, José Luis242,32
5039Fontela Méndez, Ángel241,91
5040Fernández Blanco, José Manuel262,63
5045Vázquez Mourenzá, José A.190,71
5047Dablanca Vidal, Ángel222,21
5053Pena Paz, José210,11
5055López Real, Servando218,96
5058De la Torre Bravos, José A.234,09
5061Abuín Díaz, José Ángel226,10
5063Pín Díaz, Ángel Saúl285,06
5068Núñez López, José Luis219,26
5069López Pardiño, Ramón202,77
5073Sánchez Cabolugo, Manuel216,03
5079Pardo Santiago, Julio230,23
5084Fernández Otero, Milagros242,24
5091Iglesias Torrón, Manuel217,04
5099Valcárcel Castro Celia245,90
5100Parga Valle, Remigio224,71
5101López López, Manuel229,28
5102Rodríguez López, Ginés208,05
5105Abuín Díaz, Manuel230,03
5106Lugo López, Manuel220,50
5107Campo Cedrón, Ricardo279,37
5110Árias Vázquez, José202,43
5112Vila Vila, Ramón202,43
5113Álvarez López, Emilio235,70
5114González López, José Luis205,03
5117Fernández Fernández, Avelino205,00
5118Abuín Valcárcel, Balbina218,71
5121López Martínez, José Manuel168,69
5123Valcárcel Castro, Manuel195,39
5124Jorge Casal, Jesús220,49
5126Torres Rielo, Manuel191,11
5129Castro Ramil, José Antonio153,49
5131Silva Gómez, José Ramón190,71
5132Pérez Pereiro, José178,28
5136Vigo Lorenzo, Edelmiro238,17
5137Cabanas López, Ginés186,76
5139Díaz Penela, Antonio141,05
5141Núñez Cumbraos, Manuel180,16
5142Roibas Sanclodio, José179,71
5143Villar Vázquez, Jesús182,48
5145Díaz Torrón, José182,28
5148Arias Silva, Servando181,80
5150Díaz Aguiar, Jaime Antonio177,18
5151Rodríguez Lamas, Pedro170,35
5153Franco Vieites, José168,44
5155Villarino Rivas, Jesús190,71
5159Lamas Lis, Luis164,98
5161Portela González, Manuel150,26
5163Devesa Cruz, Jesús150,45
5164Fernández López, Ignacio188,71
5165Burgo Fernández, José Luis164,28
5166López López, José131,99

CódigoApelidos e nomeEuros/mes

5167Berdeal Fernández, Ángel179,23
5168Neira Andrade, José Francisco182,64
5169Neira López, Luis149,29
5171Debesa Gil, Fernando159,58
5172Rebolo Trashorras, Vicente S.131,51
5173Núñez López, Manuel141,05
5179Puente García, Antonio R.154,70
5181Salvador Díaz José129,66
5539Escarcega Berges, Fernando190,70
5542Seco Muiña, José Luis19,47

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL