Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.355

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003 pola que se conceden as subvencións para publicacións periódicas convocadas no anexo VI da Resolución do 30 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 7 de xaneiro de 2003).

Por resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 30 de decembro de 2002 (DOG do 7 de xaneiro de 2003), abriuse o prazo de solicitudes para subvencións a publicacións periódicas, conforme as bases recollidas no anexo VI da orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 1 de abril de 2002.

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo ás dispoñibilidades de crédito e á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro) e á orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que a continuación se relacionan para as publicacións que se sinalan e na contía que se indica en cada caso:

* Universidade da Coruña:

-Servicio de Publicacións:

Anuario da Facultade de Dereito: 4.600 A.

Lenguaje y Textos: 1.850 A.

Laboratorio xeolóxico de Laxe e serie asociada: Nova Terra : 5.000 A.

Revista de Lexicografía: 3.200 A.

Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación: 2.800 A.

-Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística:

Revista Galega de Filoloxía: 1.300 A.

-Departamento de Filoloxía Española e Latina:

Cancionero General: 750 A.

* Universidade de Santiago de Compostela:

-Servicio de Publicacións:

Innovación educativa: 2.700 A.

Moenia: Revista Lucense de Lingüística e Literatura: 3.500 A.

Semata: Ciencias Sociais e Humanidades: 4.200 A.

Verba: Anuario Galego de Filoloxía: 5.000 A.

Obradoiro de Historia Moderna: 2.400 A.

Nacc: Nova Acta Científica Compostelana: 2.100 A.

Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela: 3.850 A.

Boletín Galego de Literatura: 4.200 A.

Agora: Papeles de Filosofía: 3.100 A.

Adaxe: Revista de Estudios e experiencias Educativas: 2.100 A.

Revista Galega de Economía: 1.200 A.

Télos: Revista Iberoamericana de Estudios Utilitaristas: 1.500 A.

* Universidade de Vigo:

-Servicio de Publicacións:

Cooperativismo e Economía Social: 1.800 A.

Thalassas: 3.000 A.

Sarmiento: Anuario Galego de Historia da Educación: 3.700 A.

Minius: 2.000 A.

Babel-Afial: 1.250 A.

Estudios de Sociolingüística, Sociedades e Culturas: 2.000 A.

Hesperia. Revista de filología española: 1.800 A.

Decisión: 600 A.

Vial. Vigo International Journal of applied linguistics: 750 A.

Viceversa. Revista galega de traducción: 1.800 A.

La tabla Redonda. Anuario de estudios Torrentinos: 750 A.

-Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC):

Traballos de Arqueoloxía da Paisaxe (TAPA): 1.500 A.

* Institucións sen ánimo de lucro:

-Grupo Micolóxico Galego:

Mykes: 2.000 A.

-Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza:

Adega-Cadernos: 800 A.

-Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia:

Revista Cis-Madera: 1.400 A.

-Altaga (Asociación de Licenciados en Ciencia y Tecnología de Alimentos de Galicia):

Ciencia y Tecnología Alimentaria: 1.330 A.

-Selicup (Sociedad Española de Estudios Literarios de Cultura Popular):

Garoza: 1.200 A.

-Asociación de Estudios Euro-americanos de Desarrollo Económico:

Estudios Económicos Regionales y Sectoriales: 750 A.

Estudios Económicos de desarrollo internacional: 750 A.

Applied Econometrics and international Development: 1.000 A.

-Asociación Gallega de Educación, Desarrollo y Diversidad:

Educación Desarrollo y Diversidad: 1.000 A.

-Asociación de Altas Capacidades:

Faisca: 2.300 A.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no punto primeiro desta resolución e que foron admitidas para participar neste concurso, debe entenderse que quedan denegadas por non acadaren,

no proceso de selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-De acordo co establecido no punto 7 das bases da convocatoria, previamente ó pagamento e, en todo caso, antes do 30 de setembro de 2003, os beneficiarios deberán remitir un exemplar da correspondente publicación na que conste a colaboración prestada pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. As entidades sen ánimo de lucro presentarán así mesmo certificación de estar ó corrente cos pagamentos á Seguridade Social, e coa facenda estatal e autonómica.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De no estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria y Comercio