Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.345

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003 pola que se adxudican as axudas para a formación de novos grupos de investigación, proxectos de promoción xeral do coñecemento, axudas e incentivos para a participación noutros programas convocadas nos anexos I, II e III respectivamente, da Orde do 1 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 10 de abril) e Resolución do 30 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 7 de xaneiro de 2003).

A Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 10 de abril) pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa de promoción xeral da investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé nos seus anexos I, II e III, a concesión das seguintes axudas: axudas para a formación de novos grupos de investigación (anexo I), proxectos de promoción xeral do coñecemento (anexo II) e axudas e incentivos para a participación noutros programas (anexo III).

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potes

tade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Resolución do 30 de decembro de 2002 (DOG do 7-1-2003), atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro) e a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que de seguido se detallan ós beneficiarios que se citan nos anexos desta resolución, nas contías que se sinalan.

Segundo.-As axudas que se relacionan nos anexos I, II e III comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización da correspondente actividade de investigación incrementada nun 10%, destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Terceiro.-A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento adoptará as medidas necesarias para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio