Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo ordinario 161/2003 interposto por Eladio Baliñas Bande.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo ordinario número 161/2003 interposto por Eladio Baliñas Bande contra a resolución da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, do 26 de febreiro de 2003, pola que se acorda desestima-la reclamación presentada por Eladio Baliñas Bande e mante-la súa exclusión por non levar empadroado ou te-lo posto de traballo en Ribadavia coa antigüidade mínima de tres anos.

En consecuencia, esta delegación provincial acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no xulgado do contencioso-administrativo número un de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 24 de xuño de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense