Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso do expediente 11/2003, para a prestación do servicio de transporte de materiais, mostras e documentación, entre os diversos centros do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo e outros centros.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso, do servicio de transporte de materiais, mostras e documentación, entre os diversos centros do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo e outros centros.

1. Obxecto e orzamento.

Lote nº 1. Transporte de roupa, por un orzamento máximo de 37.560 A (IVE incluído). Lote nº 2. Transporte urbano, por un orzamento máximo de 15.480 A (IVE incluído). Lote nº 3. Transporte urbano urxente, por un orzamento máximo de 9.000 A (IVE incluído). Lote nº 4. Transporte urxente dentro da Comunidade Autónoma, por un orzamento máximo de 10.800 A (IVE incluído).

2. Prazo de execución.

Inmediata desde a data de formalización do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n, 27004 Lugo. Tfno. 982 29 61 40 e fax 982 24 24 05.

4. Fianzas.

Os adxudicatarios deberán consignar unha fianza definitiva do 4% do importe de adxudicación. Esta constituirase segundo o disposto no artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Clasificación.

Non se precisa.

8. Criterios de adxudicación.

-Organización do servicio, medios materiais e humanos, ata 40 puntos.

-Oferta económica, ata 40 puntos.

-Experiencia no sector, ata 20 puntos.

9. Admisión de variantes.

Non se admiten variantes.

10. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle o Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

11. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na Sala de Xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 5 de xuño de 2003.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo