Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a cantidade que se vai ingresar en concepto de amortización anticipada da vivenda de protección oficial, promoción pública do expediente OR-92/502, conta 82, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la cantidade a ingresar en concepto de amortización anticipada da súa vivenda de protección oficial, promoción pública por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Advírteselle que de non efectua-lo dito ingreso no prazo de quince días contados desde a publicación desta notificación entenderase que renuncia á dita

amortización anticipada. Unha vez no seu poder o xustificante do ingreso deberá presentalo nestas oficinas co fin de solicitar quenda notarial para o outorgamento da escritura pública.

O que se notifica de acordo coa normativa antes citada.

Ourense, 23 de xuño de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente OR-92/502, conta 82.

Titular: José Manuel Duque de Jesús.

DNI: 34939949-M.

Enderezo: praza 500, nº 2, 2º A, 32005 Ourense.

Cantidade a ingresar: 33.382,37 euros.

Lugar do ingreso: calquera oficina da entidade financeira Caixa Galicia.