Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.272

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE BETANZOS

EDICTO (255/2002).

Eu, María Vázquez Rodríguez, secretaria do Xulgado de Instrucción número tres dos de Betanzos e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo de faltas nº 255/2002, recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.-Na cidade de Betanzos o 30 de outubro de 2002, Carmen Álvarez López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Betanzos, visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas número 255/2002, seguidos neste xulgado, por unha falta de lesións intervindo como denunciantes-denunciados Mª del Carmen Castro Maroño, Isabel Nunes Pereira, José Manuel Ribeiro Loureiro, Miriam Martínez Castro, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que, debo condenar e condeno a Isabel Nunes Pereira e a José Manuel Ribeiro Loureiro como autores dunha falta de lesións do artigo 617.1º do código penal, a unha pena de 1 mes de multa a razón de 6 euros diarios a Isabel Nunes Pereira, a pena de 1 mes de multa a razón de 12 euros a

José Manuel Ribeiro Loureiro, que en caso de non-pagamento ou insolvencia dará lugar a unha responsabilidade persoal subsidiaria de 1 día de privación de liberdade por cada dúas cotas da multa non pagadas, e a que indemnicen con carácter solidario a Carmen Castro Maroño, en 48 euros polos días que tardou en curar das súas lesións con imposición das custas procesuais causadas. Notifíquese esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación dentro do prazo dos cinco días seguintes á última notificación, a interpor neste mesmo órgano para a súa resolución polo maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, que por quenda corresponda constituído no tribunal unipersoal. Asinado e rubricado por Rosa Agrasso Barbeito. Publicada o mesmo día da súa data.»

E para que así conste, e sirva de notificación en legal forma a José Manuel Ribeiro Loureiro, expido e asino este edicto, para a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, en Betanzos o seis de xuño de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO

DE LUGO