Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.273

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE LUGO

EDICTO (124/1998).

Juan Antonio Arias García, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Lugo e o seu partido xudicial, fai saber que nos autos de que se fará mención dictouse sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia.

En Lugo o un de decembro de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, vistas as actuacións seguidas no xuízo executivo nº 124/1998 seguido entre partes, dunha e como demandante BBV, S.A., representada polo procurador Manuel Faustino Mourelo Caldas, e defendida como letrado por José María Fraga López, e doutra e como demandada José Antonio Rodríguez Chao e Almudena Fca. López Lorca, que non ten representación nin defensa neste xuízo, por non comparecer nel, estando declarados en rebeldía, sobre pagamento de cantidade.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada nos presentes autos contra os bens da parte demandada José Antonio Rodríguez Chao e Almudena Francisca López Lorca, ata facer transo e remate destes embargados e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó demandante BBV,

S.A., da cantidade de 1.997.326 pesetas, importe do principal reclamado, máis os xuros pactados a partir da data de liquidación e peche da conta á do efectivo pagamento, custas causadas e que se causen, as cales expresamente impoño á parte demandada.

Así, por esta miña sentencia, que se notificará en legal forma ás partes, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no mesmo día da súa data, dou fe en Lugo.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado José Antonio Rodríguez Chao como consecuencia do seu ignorado paradoiro, expídese este edicto.

Lugo, seis de xuño de dous mil tres.

O secretario

Rubricado