Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.273

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (57/2003).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 57/2003, seguidos por instancia de José Salas López contra a empresa Tecnia Obras y Cimentaciones, S.A., sobre cantidade, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia. En Lugo o vintedous de abril do ano dous mil tres.

Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal nº 57/2003, sobre reclamación de cantidade, no que son partes como demandante José Salas López, representado polo letrado Ignacio Bermúdez de la Puente e como parte demandada a empresa Tecnia Obras y Cimentaciones, S.A., a cal non compareceu malia estar citada en legal forma.

Decido que, estimando só en parte a demanda deducida por José Salas López contra a empresa Tecnia Obras y Cimentaciones Especiales, S.A., debo condenar e condeno a última a lle satisfacer ó demandante a cantidade bruta de setecentos setenta e oito euros con trinta e dous céntimos de euro (778,32 euros), en concepto de horas extraordinarias realizadas durante a vixencia da relación laboral entre as partes, con desestimación daquela no restante.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela non cabe recurso ningún,

polo que se declara a súa firmeza (ex. arts. 189.1º TRLPL, 100 da LPL e 248-4º LOPX). Así por esta miña sentencia definitiva pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado. Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Tecnia Obras y Cimentaciones, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto, para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o trece de xuño de dous mil tres.

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA