Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 196/2003, interposto por Adriana Martín Santamaría.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado nº 196/2003, formulada por Adriana Martín Santamaría, contra a resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 23 de abril de 2003, contra a desestimación por silencio administrativo da reclamación presentada con data do 27-12-2002 perante o tribunal II-A designado para cualifica-lo proceso para o acceso á categoría 2 (ATS e outros) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en relación coa pregunta nº 18 do terceiro exercicio (proba práctica) da fase de oposición.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte

ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública