Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.272

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (180/2003).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez, da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 180/2003, se acordou, por resolución da data de hoxe, citar a María Pilar Pérez Eiras mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 180/2003, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a María Pilar Pérez Eiras, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 4 de setembro, ás 10.00 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non o verificar, recaerán sobre dela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, doce de xuño de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE BETANZOS