Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente P-187/2002 incoado por infracción á Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administraccións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta

publicación, poderá interponer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, faráse efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou en Caixanova Recaudación Xunta: modelo XTAX. De non facelo dentro do prazo sinalado procederáse ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-baixo 2º.

Lugo, 22 de maio de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-187/2002.

Denunciado: Ángel Flores Latas.

DNI: 33761079.

Enderezo: Bocamaos, nº 25, Lugo.

Feito denunciado: cortar ou destruír de xeito significativo a vexetación acuícola e de ribeira (16 amieiros, 1 freixo, 3 salgueiros) sen autorización, entorpecendo a servidume de paso ribeira e marxe esquerda do río Miño establecida en beneficio ou para uso dos pescadores, mediante o depósito de restos vexetais, nunha extensión de aproximadamente 75 m. Feitos constatados o día 10-10-2002 en Prado Ribeira -zona de servidume do couto de Ombreiro- río Miño. Bocamaos. Lugo.

Precepto sancionador: 34.22º, 34.27º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 601,01 euros.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.