Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/48-2, 6045 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., V.T., R.B.T. Armesto.

Situación: Becerreá.

Características técnicas:

-L.M.T. a 20 kV, con orixe no apoio nº 4 da L.M.T. a C.T. de Vilouta e final no C.T. de Armesto, cunha lonxitude de 201 m e conductor tipo LA-56.

-C.T. intemperie cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación 20.000/380-220 V.

-R.B.T. cunha lonxitude de 1.270 m con orixe no C.T. de Armesto, conductor R.Z., cun total de 22 apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 30 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo