Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.225

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (972/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifica que nos autos seguidos neste xulgado sobre demanda de divorcio nº 972/2002, por instancia de Vicente Miguel del Corral Prieto, contra Claudina Castro, se dictou sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentencia.

Na Coruña, doce de xuño de dous mil tres.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, os presentes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co nº 972/2002, por instancia de Vicente Miguel del Corral Prieto, representado polo procurador Sr. Cortiñas Fariña e defendido pola letrada Sra. Bocija Prego, sendo parte demandada Claudina Castro, declarada en situación legal de rebeldía.

Decido que estimando a demanda interposta polo procurador José Ángel Cortiñas Fariña, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Vicente Miguel del Corral Prieto e Claudina Castro, celebrado en Carballo o 4 de marzo de 1994, cos efectos legais que isto implica.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle á demandada rebelde, Claudina Castro, na forma legalmente prevista.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco (5) días contados desde o día seguinte á notificación daquela (art. 457 da LAC) que se preparará perante este mesmo xulgado, tendo en conta que, de conformidade co que determina o art. 774.5º da LAC os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentencia non suspenderán a eficacia das medidas que se acordasen nesta;

se a impugnación afectase unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade, separación ou divorcio.

Unha vez firme esta resolución, comuníqueselle ó Rexistro Civil correspondente, para os efectos de practica-las anotacións pertinentes.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos oportunos, e para que sirva de notificación á demandada rebelde Claudina Castro, expido e asino esta cédula na Coruña o 12 de xuño de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado