Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.225

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (94/2001).

Peza: recurso de apelación 94/2001.

Procedemento: M. Ctia. 2020/2000.

Orixe: Xulgado de Primeira Instancia número seis de Vigo.

Concepción Albes Blanco, secretaria da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, certifico que na peza de apelación civil número 94/2001, dimanante dos autos arriba referenciados, recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, constituída polos maxistrados Juan Manuel Lojo Aller, presidente; Victoria Eugenia Fariña Conde, Inmaculada de Martín Velázquez pronunciaron en nome de El-Rei a seguinte sentencia número 301/2003.

En Vigo (Pontevedra), cinco de maio de dous mil tres.

Vistos en grao de apelación ante a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo os autos de tercerías en xuízo de menor contía MNC 2020/2000, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo, ós que lles correspondeu a peza 94/2001, nos que aparece como parte apelante-demandado Manuel Nieves Losada, representado pola procuradora Gloria Quintas Rodríguez, e asistido polo letrado Sr. Rumbo García, e como apelado-demandante, Abrahan Conde Méndez, representado polo procurador Ticiano Atienza Merino, e asistido polo letrado Sr. Lariño Noya, e como apelados-demandados, Carmen Rodríguez Vieites e Caixavigo, en situación procesual de rebeldía, e sendo maxistrada relatora Victoria Eugenia Fariña Conde, quen expresa o parecer da sala.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Que, desestimando o recurso de apelación formulado por Manuel Nieves Losada contra a sentencia con data do 21-12-2000, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número seis de Vigo nos actos

de menor contía número 2020/2000 (peza de apelación número 94/2001), debemos confirmar e confirmamos integramente a expresada resolución impoñéndolle ó apelante as custas desta alzada.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Asinado e rubricado».

Para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á apelada demandada en ignorado paradoiro, Carmen Rodríguez Viéitez, expido e asino este edicto en Vigo o seis de xuño de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado