Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.226

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

EDICTO (497/2000).

No procedemento de menor contía nº 497/2000, seguido perante este xulgado por Recreativos Ceda, S.A., representado polo procurador Andrés Gallego Martín Esperanza, contra Manuela Esther Arelenda Martínez, dictouse sentencia que no seu encabezamento e pé di como segue:

Francisco Javier Romero Costas, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia de Vigo, vistos os autos seguidos neste xulgado co número 497/2000, por instancia de Recreativos Ceda, S.A. representado polo procurador Andrés Gallego Martín Esperanza contra Manuela Esther Abrelenda Martínez, sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimando parcialmente a demanda deducida polo procurador Andrés Gallego Martín Esperanza en nome e presentación de Recreativos Ceda, S.A. fronte a Manuela Esther Arelenda Martínez déboa condenar e condeno a que lle aboe á demandante a suma de 4.681,75 euros (778.978 pesetas) máis os xuros legais da dita suma desde o 15 de maio de 1999 ata o seu efectivo pagamento, sen se facer por iso expresa imposición das custas.

Así por esta miña sentencia, que será firme se contra ela non se interpón recurso de apelación perante este xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación a teor do disposto nos artigos 455 e ss. da LAC/2000.

Seguen sinaturas e rúbricas.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuela Esther Abrelenda Martínez, DNI 76328062 expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo o catro de abril de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CAMBADOS