Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.226

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CAMBADOS

EDICTO (39/2002).

Eu, Íñigo Landín Díaz de Corcuera, xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Cambados,

Fago saber que neste xulgado e co número 39/2002 se segue por instancia de Manuela Vidal García expediente para a declaración de falecemento de José Bravo Díaz, natural e veciño do Grove, nacido o 17-8-1925, quen o día 21-07-1987, cando regresaba de pescar cara ó Grove, a embarcación que patroneaba, denominada Lola, afundiu no mar antes de chegar ó porto, como consecuencia dun repentino e inesperado empeoramento do estado do mar. Con el ía un mariñeiro que sobreviviu ó naufraxio aínda que na actualidade tamén faleceu. O que se fai público para os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelos en coñecemento do xulgado e ser oídos.

Dados en Cambados o once de abril de dous mil tres.

O/A xuíz/a

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE CANGAS