Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.226

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CANGAS

EDICTO (360/2000).

Myriam de Mata Schick, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cangas fago saber que no xuízo de referencia dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que é do teor literal seguinte:

En Cangas, 12 de abril de 2003. Vistos por min Carlos Pascual Alfaro, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cangas de Morrazo os autos de xuízo ordinario seguidos co nº 360/2000 no que é parte demandante Fernando García del Arenal Rubio, que comparece asistido polo letrado señor Pérez Martínez e representado polo procurador señor Soto e parte demandada María del Carmen Cantero Núñez, Fernando Javier Cantero Núñez, María José Cantero Núñez, Estanislao Cantero Núñez, Federico Cantero Morán, Carmen Cantero Morán, Paula Cantero Morán, Jacobo Cantero Morán, que comparece asistido polo letrado señor Abelaira e representado pola procuradora señora Enríquez, Manuel Gutiérrez del Arroyo Aguirre, Íñigo Gutiérrez del Arroyo Aguirre, Álvaro Gutiérrez

del Arroyo Aguirre, que comparece asistido polo letrado señor Pérez Labrador e representado polo procurador señor Angulo, Mercedes García Arenal Rodríguez, Fernando García Arenal Rodríguez, Pablo García Arenal Rodríguez, Borja García Arenal Alvarado, Angela García Arenal Alvarado, Magdalena García Arenal Alvarado que comparece asistido polo letrado señor Gil de la Parra e representado pola procuradora señora Enríquez Lolo, Margarita Martínez García Arenal, Ramón Martínez García Arenal, Santiago Gutiérrez del Arroyo García Arenal, Isabel Rábano Gutiérrez del Arroyo, Alberto Rábano Gutiérrez del Arroyo que non comparecen a pesar de estar citados polo que son declarados en rebeldía.

Dictamino: que estimando parcialmente a demanda de xuízo declarativo ordinario de menor contía interposto por Fernando García del Arenal Rubio actuando no seu nome e Josefina, María Isabel e Juan Antonio García del Arenal Rubio Contra Mercedes García del Arenal Rodríguez, Fernando García Arenal Rodríguez, Pablo García Arenal Rodríguez, Borja García Arenal Alvarado, Ángela García Arenal Alvarado, Magdalena García Arenal Alvarado, María del Carmen Cantero Núñez, Fernando Javier Cantero Núñez, María José Cantero Núñez, Estanislao Cantero Núñez, Federico Cantero Morán, Carmen Cantero Morán, Paula Cantero Morán, Jacobo Cantero Morán, Manuel Gutiérrez del Arroyo Aguirre, Íñigo Gutiérrez del Arroyo Aguirre, Álvaro Gutiérrez del Arroyo Aguirre, Margarita Martínez García Arenal, Ramón Martínez García Arenal, Santiago Gutiérrez del Arroyo García Arenal, Isabel Rábano Gutiérrez del Arroyo, Alberto Rábano Gutiérrez del Arroyo e calquera persoa que poida ter dereitos sobre o predio «El chalet» ou

«El real» situada na parroquia de San Xoán, Tirán, no concello de Moaña cun enderezo que é rúa Fernando García Arenal, s/n de Moaña, ordeno a venda da cousa en pública poxa por ser un ben xuridicamente indivisible. Cada parte aboará as súas costas e as comúns pola metade.

Esta sentencia non é firme e contra ela pódese preparar neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Carlos Pascual Alfaro, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cangas.

E para que sirva de notificación ós demandados rebeldes Margarita e Ramón Martínez García Arenal, Santiago Gutiérrez del Arroyo García Arenal, Isabel e Alberto Rábano Gutiérrez del Arroyo e a calquera persoa física ou xurídica que puidera ter dereitos de propiedade sobre o predio obxecto de litis expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado en Cangas, catro de xuño de 2003.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE PONTEVEDRA